From Wikipedia, the free encyclopedia
A avefría,[2][3][4][5][6][7], galdaripo, tamouca,[8] corícora ou galo da braña,[9] Vanellus vanellus, é unha ave limícola da familia carádridos.
Avefría Vanellus vanellus | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Case ameazada[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Vanellus vanellus (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
A especie foi descita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae, baixo o nome de Tringa vanellus.[10]
Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[10]
É unha ave de 30 cm de lonxitude e 68 cm de envergadura alar.
A súa plumaxe é verde escura nas partes superiores, e branca no ventre.
As ás son arrendondadas, e a cola é curta.
É migratoria, e chega até o norte de África, o norte da India e a China.
Aliméntase principalmente de insectos, pero tamén come moluscos.
É común na Europa e na Asia de clima temperado. En Galicia só quedan 50 parellas na zona do río Limia.[Cómpre referencia]
Cos bandos da avefría —Popular[11] |
Eladio Rodríguez recolle para esta ave o nome de galo monteiro, polo moño de plumas que ten sobra a cabeza [12]. Outro nome baseado na mesma morfoloxía é o de galo da braña.
Constantino García recolleu en Cariño o nome de pito de neve, polo hábitat en que se desenvolve [13]
Esta especie sufriu descensos na súa poboación nos anos pasados como resultado da intensificación do uso da terra, a drenaxe das zonas húmidas e a recollida de ovos. A intensificación do uso da terra segue sendo un problema: hoxe en día está ameazada pola redución da produtividade reprodutora como resultado da intensificación e modificación das prácticas agrícolas.[14], especialmente a mellora dos pastos (por exemplo, mediante drenaxe e a aplicación de fertilizantes inorgánicos),[15] o aumento do crecemento dos cultivos de cereais de inverno".[16] Importantes hábitats na área migratoria na costa do mar Báltico están ameazados pola contaminación por petróleo, a drenaxe das zonas húmidas para a rega, o abandono da terra e as prácticas cambiantes de xestión da terra, que provocan o crecemento excesivo de matogueiras.[17] A destrución do seu hábitat tamén pode ocorrer polos cultivos de primavera (utilizando maquinaria) nos campos de cultivo.[14] A especie é susceptible de botulismo aviar, polo que pode verse ameazada por brotes futuros da enfermidade,[18] e pode sufrir a depredación dos niños por parte de depredadores nativos e introducidos (por exemplo, o ourizo europeo, Erinaceus europaeus), nalgunhas illas,[19] córvidos, garzas, gaivotas e raposos. A especie cázase para uso comercial (para venderse como alimento) e con fins recreativos en Irán,[20] e tamén se caza en Francia, Grecia, Italia e España.[21]
Sospéitase que esta especie está a diminuír a súa poboación a un ritmo moderadamente rápido. Polo tanto, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais cualifica o seu status como NT (case ameazada). Se novas informacións suxiren que estes descensos están a producirse máis rápido, merecería unha revalorización; case cumpre os requisitos para cualificarse como VU (vulnerábel).[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.