encarnación terrestre dun deus no hinduísmo From Wikipedia, the free encyclopedia
Avatar (do sánscrito avatāra, que significa 'descenso') no hinduísmo, refírese á encarnación terrestre dunha deidade ou un deus. O termo emprégase con frecuencia para describir as distintas encarnacións de Vishnu, unha das principais deidades do hinduísmo, como Krishna, que se considera a oitava avatar de Vishnu.[1]
No contexto do hinduísmo, os avatares adoitan clasificarse baseándose na súa natureza e propósito, destacándose os Dasavatara ou os dez avatares principais de Vishnu, que inclúen a figuras como Krishna (o pastor divino), Rama (o príncipe virtuoso), e Buda ou Siddhartha Gautama (o iluminado), que se menciona en algúns textos como un avatar de Vishnu que veu para proporcionar un camiño cara á paz e a comprensión.[2]
Na tradición hindú, hai dez encarnacións principais ou avatares de Vishnu, coñecidos como o Dasavatara. Alén dos xa mencionados Krishna, Rama e Buda, os sete avatares restantes son:[3]
Kapila e Vyasa, aínda que son figuras importantes dentro do hinduísmo e ás veces se lles atribúe un status divino ou sagrado, non son tipicamente listados como parte do grupo principal do Dasavatara. Kapila é recoñecido como o gran sabio que fundou a filosofía do Samkhya, e Vyasa é coñecido como o compilador dos Vedas e autor do Mahabharata, onde o Bhagavad Gita está contido como parte da narrativa.[4][5][6]
Avataras
Os Avataras poden ser de dous tipos: manusíacos e bodhisátvicos.[Cómpre referencia] Os manusíacos considéranse avataras organizadores, exemplo deles son Rómulo e Remo, Moisés, Mahoma, Zoroastro, Manco Kapac. Así estes avatares crean civilizacións que elevan o ser humano. Os bodhisátvicos, do sánscrito satwa (equilibrio interior) son avatares fundadores de relixións ou camiños espirituais. Exemplo destes son Buda, Xesús, Tunupa ou Lao Tsé.[Cómpre referencia]
Finalmente poden considerarse os avatares non encarnados, seres que coidan e protexen a humanidade.[Cómpre referencia]
Na lingua galega, o termo avatar (en plural "avatares") adquiriu o significado de 'fases', 'vicisitudes' ou 'cambios' na vida dunha persoa, tal como se recolle no DRAG.[7] O bUSCatermos tamén recolle o seu significado relativo ao uso nas personificacións ou disfraces.[8]
Fóra do contexto relixioso, a palabra avatar adoptou un novo significado nas tecnoloxías da información e en Internet, onde se emprega para referirse á representación gráfica dun usuario, xa sexa a través dunha imaxe ou ilustración.[9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.