organismo regulador do fútbol gaélico en Galicia From Wikipedia, the free encyclopedia
A Asociación Galega de Fútbol Gaélico é o organismo regulador do fútbol gaélico en Galicia. Foi constituída en 2013 polos clubs Fillos de Breogán da Coruña, Irmandinhos A Estrada e Mecos FG Ogrobe, aos que se foron unindo outros equipos.
Deporte | Fútbol gaélico |
---|---|
Nome | Asociación Galega de Fútbol Gaélico |
Fundación | 9 de marzo de 2013 |
Ámbito | Europa |
Sede | Santiago de Compostela, Galicia |
Socios | 13 |
Presidente | Ángel Negrete |
Secretario | María Victoria Benavides |
Na rede | |
http://gaelicogalego.gal/ | |
Afiliada a Gaelic Athletic Association (GAA) e o Gaelic Games Europe (GGE) organiza a Liga Galega de Fútbol Gaélico, a Copa Galega de Fútbol Gaélico e a Liga Galega de Fútbol Gaélico 7 contra 7. Tamén é a entidade da que depende a Selección de fútbol gaélico de Galicia. En xuño de 2017 asinou un acordo para a inclusión da Asociación Galega de Fútbol Gaélico e o fútbol gaélico como especialidade deportiva da Federación Galega de Fútbol.[1]
Na actualidade a Asociación Galega está inmersa no desenvolvemento do deporte de base a través do proxecto das Galescolas.
Nome | Cidade | Fundación |
---|---|---|
Fillos de Breogán | A Coruña | 2010 |
Ártabros | Oleiros | 2011 |
Irmandinhos | A Estrada | 2012 |
Mecos | O Grove | 2012 |
Bráithreachas | A Estrada | 2012 |
Pontevedra | Pontevedra | 2013 |
Estrela Vermella | Santiago de Compostela | 2013 |
Keltoi | Vigo | 2014 |
Auriense | Ourense | 2014 |
Dorna | A Illa de Arousa | 2015 |
Herdeiros de Dhais | Lalín | 2015 |
UDC | A Coruña | 2015 |
O'Condado | Ponteareas | 2016 |
Terras do Eume | As Pontes de García Rodríguez | 2016 |
Cambados | Cambados | 2016 |
Turonia | Gondomar | 2018 |
Independiente | Vigo | 2019 |
Britonia | Xove | 2019 |
Lume de Beltane | Poio | 2022 |
Mazaricos | Mazaricos | 2022 |
Lorchos FG | Boiro | 2023 |
Na tempada 2017/18 os equipos masculinos de Mecos, Pontevedra, O'Condado, UDC e os equipos femininos de Mecas e Bráithreachas non competiron por non teren fichas suficientes.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.