equipo galego de fútbol gaélico From Wikipedia, the free encyclopedia
O Mecos Fútbol Gaélico Ogrobe é un club de fútbol gaélico galego, da vila do Grove. Foi fundado en 2012 é membro fundador da Asociación Galega de Fútbol Gaélico e xoga na Liga Galega de Fútbol Gaélico ademais tamén xoga a Copa Galega de Fútbol Gaélico e o Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico. É o primeiro equipo nacido na comarca do Salnés.
Mecos Fútbol Gaélico | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Mecos Fútbol Gaélico Ogrobe. | |||
Alcume(s) | Mecos | |||
Fundación | 22 de decembro de 2012 | |||
Estadio | Estadio Municipal Monte da Vila | |||
Capacidade | 1000 espectadores | |||
Presidente | Francisco González Costa | |||
Adestrador | Rubén Perez Prieto "Rubio" (Masculino) Francisco González Costa (Feminino) Francisco González Costa (Base) | |||
Liga | Liga Galega de Fútbol Gaélico | |||
2016/17 | 8ª Feminino e 1º Masculino (2ª División) | |||
Vestimenta | GSS | |||
Na rede | ||||
http://www.mecosfg.com/ | ||||
| ||||
O Club Mecos FG Ogrobe creárono un grupo de mozos da zona, co obxectivo de popularizar e estender o fútbol gaélico entre a mocidade galega. O 5 de novembro de 2012 comezou a xestarse a idea do equipo. O día 24 de novembro decídese dar o paso da creación do equipo, cun grande apoio popular, e o día 22 de decembro de 2012 comezaron os adestramentos.
O 9 de marzo de 2013 xunto cos equipos A Coruña Fillos de Breogán e Irmandinhos A Estrada constitúen a Asociación Galega de Fútbol Gaélico.
O 23 de marzo de 2013 os Mecos xogaron o primeiro partido da súa historia contra os Ártabros de Oleiros no que foi tamén o seu primeiro partido oficial na Liga Galega de Fútbol Gaélico 7 contra 7.
O 22 de xuño de 2013 os Mecos remataron a primeira tempada da súa historia cun 4º posto na Liga Galega de Fútbol Gaélico 7 contra 7 sendo o único equipo que acadou vencer os campións, os Bráithreachas da Estrada.
En xuño de 2013 crease o equipo feminino, o Mecas F.G., que conta cunhas 20 xogadoras. As Mecas forman parte da Liga Galega de Fútbol Gaélico Feminina, que na súa primeira edición tan só tiña 3 equipos, pero na que actualmente compiten 7 equipos galegos. Participan, ademais, na Copa Galega de Fútbol Gaélico Feminina e no Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico Feminino.
Na tempada 2013/14 a marcha dos equipos foi moi irregular rematando as súas respectivas ligas cun 3º posto no caso do equipo feminino e un 4º posto no caso do masculino. Porén os resultados da Copa Galega de Fútbol Gaélico foron sensiblemente mellores no caso do equipo masculino que acadou o 3º posto nun campionato con 8 equipos, o que acudían en cadro debido ás numerosas baixas, o equipo feminino rematou a copa en 4º lugar.
Na tempada 2015/2016 o equipo masculino viuse relegado á segunda división tras unha mala tempada e mesmo incorrer nunha aliñación indebida nun partido que rematara con vitoria.
Nesta tempada 2016/2017 o equipo volveu á primeira división logo dunha gran tempada na que so foi derrotado en dúas ocasións.
Dende 2013 conta ademais cun grupo de nenos e nenas de distintos colexios do Grove que todas as semanas se forman na práctica deste deporte.
4ª Liga Galega de Fútbol Gaélico
3ª Copa Galega de Fútbol Gaélico (combinado con Auriense FG)
4º Liga Galega de Fútbol Gaélico
1ª Liga Galega de Fútbol Gaélico de Segunda División
1 Liga Galega de Fútbol Gaélico de Segunda División
|
|
Cargo | Técnico |
---|---|
Adestradores | Rubén Pérez Prieto "Rubio" (masculino), Francisco González Costa (feminino) |
Adestrador asistente | Anxo López Vale |
Adestrador de porteiros | Anxo López Vale |
Preparador físico | Ricardo Garrido Caneda |
Delegado | Álvaro Ramos Caneda |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.