equipo galego de fútbol gaélico From Wikipedia, the free encyclopedia
A Coruña Gaelic Athletic Association ou A Coruña GAA, máis coñecido como Fillos de Breogán é un equipo de fútbol gaélico da cidade da Coruña. Fundado en 2010 por iniciativa de Wenceslao García (Wences), os Fillos de Breogán é o primeiro equipo de fútbol gaélico de Galiza e compite no Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico e na Liga Galega de Fútbol Gaélico. Xoga os seus encontros no campo da Torre da cidade herculina.
Nome | A Coruña Fillos de Breogán | ||
---|---|---|---|
Alcume(s) | Fillos | ||
Fundación | 2010 | ||
Sede | A Coruña, Galicia | ||
Estadio(s) | Cidade Deportiva da Torre de Hércules | ||
Capacidade | 1.500 espectadores | ||
Presidente | Wenceslao García Zapata | ||
Liga(s) | Liga Ibérica Liga Galega de Fútbol Gaélico | ||
2013 | 3º | ||
| |||
Na rede | |||
http://www.fillosdebreogan.com/ | |||
Malia que o nome oficial para os efectos de rexistro na Asociación Atlética Gaélica (GAA) é A Coruña Gaelic Athletic Association ou A Coruña GAA abreviado, o equipo é máis coñecido polo alcume Fillos de Breogán, nome que saíu dunha votación realizada na páxina web do equipo realizada durante o mes de xullo do 2010 e na que foi elixido co 24,63% dos votos (un total de 33 votos). Outras propostas para o nome do equipo foron:
Nome | Nº de votos | Votos (%) |
---|---|---|
Fillos de Breogán | 33 | 24,63 |
Galaicos | 30 | 22,39 |
Cascarilleiros | 25 | 18,66 |
Ártabros | 21 | 15,67 |
A Compaña | 11 | 8,21 |
Irmandade Galaica | 9 | 6,72 |
Breogán | 5 | 3,73 |
O nome de Fillos de Breogán ten moita relación con Galiza, Irlanda e a cidade da Coruña (onde a lenda conta que estaba situada a torre dende a cal Ite divisou as costas irlandesas segundo o Lebor Gabála Érenn ou Libro das conquistas de Irlanda en galego).
O escudo ten fondo branco e sobre el unha franxa diagonal de cor azul que representa ás bandeiras da provincia marítima da Coruña e á bandeira de Galicia, sobre ela, un cranio e dúas tibias que representan a Xerión, o xigante que matou Hércules (segundo conta a mitoloxía grega) e que soterrou debaixo de onde logo se erguería a Torre de Hércules na Coruña. As dúas tibias e o cranio tamén representan ao fillo de Breogán Ite morto que, coa posterior vinganza do neto de Breogán e sobriño de Ith Mil, permitiu a ligazón lendaria entre Irlanda e Galiza. Finalmente, baixo o cranio e as dúas tibias encóntrase un balón de fútbol gaélico.
As cores do equipo son o azul, o branco e o negro. O azul e o branco representan ás bandeiras de Galiza e da provincia marítima da Coruña. O negro, como elemento diferenciador e pola relación coa morte de Xerión e Ith. O equipamento do equipo consta de pantalón azul e camiseta a raias horizontais azuis e brancas.
É o nome co que se coñece ao equipo feminino de fútbol gaélico do Fillos de Breogán. No seu comezo non podían competir no campionato ibérico feminino pola falta de xogadoras nas súas filas. No ano 2012 incrementáronse o número de xogadoras e comezaron a disputa-los seus primeiros torneos acadando o terceiro posto no Torneo da Coruña da Liga Ibérica de Fútbol Gaélico feminina.
En 2011 disputou por vez primeira a Liga Ibérica de fútbol gaélico, na 7ª edición desta competición nacional de afeccionados, acadando só 1 vitoria en 17 encontros.[1] O club e a cidade da Coruña foron anfitrións na tempada 2012 dun torneo correspondente ó campionato nacional de liga por vez primeira chegando a disputar a final logo de derrotar ó vencedor final da liga, Madrid Harps, e resultando subcampións do Torneo da Coruña e terceiros na Liga Ibérica.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.