From Wikipedia, the free encyclopedia
A Asemblea Constituínte Panrusa (ruso: Всероссийское Учредительное собрание, Vserossíyskoie Uchredítelnoie sobrániie) foi un corpo constitucional democraticamente elixido, que se constituíu en Rusia logo da Revolución de Outubro de 1917.
Malia as promesas do Goberno Provisional Ruso, os preparativos para as eleccións foron lentos e as datas para as votacións atrasáronse en varias ocasións. Para cando finalmente estas tiveron lugar, o Goberno provisional fora derrocado polos bolxeviques.
Reuniuse ao longo de 13 horas, desde as 4 da tarde do 5 de xaneiro ata as 4 da mañá do 6 de xaneiroxul./ 19 de xaneiro de 1918greg., e foi elixida e disolta polo Goberno bolxevique, é dicir, o Consello de Comisarios do Pobo ou Sovnarkom.
A convocatoria dunha Asemblea Constituínte elixida democraticamente que redactase unha Constitución e a forma de goberno do país foi unha das principais esixencias de todos os partidos liberais e socialistas durante a anterior Revolución rusa de 1905.[1] Logo desta revolución, o réxime tsarista decidiu garantir as liberdades civís básicas e convocar eleccións para o novo corpo lexislativo creado en 1906, a Duma estatal. A Duma, con todo, non estaba autorizada para redactar unha nova Constitución, e moito menos para abolir a monarquía. Ademais, os poderes da Duma caeron en mans dos Demócratas Constitucionais (KD ou kadetes) e non nas dos socialistas marxistas. O Goberno disolveu a Duma por un acordo legal en xullo de 1906, logo dunhas novas eleccións en 1907. A lei de eleccións final, escrita polo Goberno logo da segunda disolución o 3 de xuño de 1907, favoreceu ás clases privilexiadas e restrinxiu o sufraxio dos pobres e as clases traballadoras. Pouco puido facer a Duma logo de 1907, que repetidas veces foi vetada polo tsar Nicolao II ou pola Cámara alta do Parlamento ruso. A Duma non puido debater a formación dunha Asemblea Constituínte que sería elixida por sufraxio universal continuaban sen debaterse.
Tras sucesivos atrasos e celebrándose ao longo de varios meses[2] (aínda que as votacións principais tiveron lugar entre o 12 de novembroxul./ 25 de novembro de 1917greg. e o 14 de novembroxul./ 27 de novembro de 1917greg.), as eleccións á Asemblea resultaron nunha gran vitoria para os socialrevolucionarios. Obtiveron unha maioría tanto dos votos dos electores como de escanos, mentres que os bolxeviques lograron pouco menos dun cuarto dos sufraxios.[3] Aínda que non se chegaron a coñecer os datos completos da elección, os socialrevolucionarios conseguiron arredor de 440 escanos dos 800 teóricos e dos arredor de 700 elixidos finalmente.
Os bolxeviques dubidaron sobre a conveniencia de levar a cabo as votacións unha vez no poder e Lenin[4] defendera con vehemencia a conveniencia de pospoñelas.[5] Habendo criticado duramente a Goberno provisional polos continuos atrasos, a maioría dos dirixentes bolxeviques mostrouse favorable, polo contrario, a manter a data prevista para as eleccións.[4][5] Aínda así, o partido suscitouse xa antes das votacións a disolución pola forza da Asemblea si esta acababa opoñéndose ao Goberno soviético.[5]
Cos datos recollidos nos sucesivos estudos dos resultados parciais, a elección da Asemblea Constituínte deu os seguintes resultados:
Partido | Votos | Número de deputados |
Socialistas Revolucionarios (esery) | 17 100 000 | 380 |
Bolxeviques | 9 800 000 | 168 |
Menxeviques | 1 360 000 | 18 |
Demócratas Constitucionais (kadetes) | 2 000 000 | 17 |
Minorías | 77 | |
Social-Revolucionarios de esquerda | 39 | |
Socialistas Populares (enesy) | 4 | |
Total: | 41 700 000 | 703[6] |
Porén, debido ao tamaño do país, o transcurso da primeira guerra mundial e a deterioración do sistema de comunicacións, o resultado non estivo totalmente dispoñible a tempo. O primeiro reconto parcial (54 constituíntes de 79) foi publicado polo socialrevolucionario N.V. Svyatitsky[7] Os datos de Svyatitsky son polo xeral aceptados por todos os partidos políticos, incluíndo os bolxeviques,[5][8] e é como segue:
Partido | Ideoloxía | Votos |
Socialistas Revolucionarios rusos | Socialistas | 16 500 000 |
Bolxeviques | Socialistas | 9 023 963 |
Ucraínos, Musulmáns, e outros Socialistas Revolucionarios non-rusos | Socialistas | 4 400 000 |
Demócratas Constitucionais (kadetes) | Liberais | 1 856 639 |
Menxeviques | Socialistas | 668 064 |
Musulmáns | Relixiosos | 576 000 |
Bund Xudeu | Socialistas | 550 000 |
Socialistas Ucraínos | Socialdemócrata | 507 000 |
Socialistas Populares (enesy) | Socialdemócrata | 312 000 |
Outros grupos de dereita | Dereitista | 292 000 |
Asociación de Propietarios Rurais e Donos da Terra | Dereitista | 215 000 |
Bashkirios | Étnicos | 195 000 |
Polacos | Étnicos | 155 000 |
Alemáns | Étnicos | 130 000 |
Socialdemócratas Ucraínos | Socialdemócrata | 95 000 |
Cosacos | Étnicos | 79 000 |
Antigos Crentes | Relixioso | 73 000 |
Letóns | Étnicos | 67 000 |
Cooperantes | Socialdemócrata | 51 000 |
Socialistas Alemáns | Socialdemócrata | 44 000 |
Yedinstvo | Socialdemócrata | 25 000 |
Socialistas Fineses | Socialdemócrata | 14 000 |
Bielorrusos | Étnicos | 12 000 |
Total: | 35 333 666 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.