especie de alga From Wikipedia, the free encyclopedia
Ascophyllum nodosum é unha ouca parda (Phaeophyceae) común de gran tamaño da familia Fucaceae, sendo a única especie do xénero Ascophyllum. É un argazo do océano Atlántico, semellante aos Fucus, que adoita recibir o nome común de boche[1] polas bochas dos seus talos. É común na beiramar da Europa atlántica (dende Svalbard até Portugal) incluíndo o leste de Groenlandia[2] e a costa nordés de América do Norte.[3] Moi común nas costas galegas.
Buche bravo (Ascophyllum nodosum) | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Ascophyllum nodosum' (L.) Le Jolis | |||||||||||||||
Distribución |
Ascophyllum nodosum ten unhas longas frondes de cor verde oliva formada por fitas coriáceas fixadas ao substrato (normalmente as rochas) por unha especie de discos (gabiáns), dos que parte unha fronde arredondada os primeiros centímetros e chá despois, sen nervio central, que se ramifica dicotomicamente e coa marxe serrada. O talo, vaise, por espazos regulares, alargando para formar unhas saquetas aéreas elípticas con forma de ovo cheas de ar, que se producen anualmente. As pólas laterais, normalmente máis magras, portan corpos reprodutores, amarelos dourados os masculinos e amarelos oliva os femininos. As frondes poden acadar os 2 m de longo.[4]
Téñense descrito diferentes variedades e formas desta especie.
Existen variedades desta especie que flotan libres coma Ascophyllum nodosum mackaii Cotón, que se atopa en lugares moi abeirados, coma nos lochs mariños (semellante ás rías) de Escocia e Irlanda.[6][7]
Ascophyllum nodosum atópase principalmente en locais abeirados e calmos, na beiramar intermareal, preferentemente fixado ás rochas. Acostuma ser unha especie dominante nestes locais litorais.[8][9]
A especie atópase nun grande abano de espazos costeiros, dende esteiros abeirados (moitas veces na desembocadura dos ríos, e no fondo das rías) até costas medianamente expostas, a miúdo domina a zona intermareal. É raro atopar este argazo en costas moi abertas, e se se atopa, son só pequenas frondes rachadas.
É unha ouca que medra amodo, 0,5% por día; uns 40 Kg de peso húmido por metro cadrado e pode vivir uns 10-15 anos. Moitas veces ten a mesma distribución que as outras oucas con bochas chamadas tamén botellas Fucus vesiculosus e Fucus serratus. A súa distribución vén limitada pola salinidade, as ondas, a temperatura, o desecamento e o estrés en xeral. Lévalle uns 5 anos chegar á madureza fértil.
Os florotaninos do Ascophyllum nodosum actúan coma unha defensa química contra o caracol mariño herbívoro, Littorina littorea.[10]
Vertebrata lanosa (L.) T.A. Christensen é unha alga vermella miúda, que adoita medrar en matas mestas de Ascophyllum cuxos rizoides penetran no hóspede.[11] Algúns considérano un parasito, porén do Ascophyllum só obtén un soporte estrutural, actuando logo coma un epífito.
Principalmente aparece nas costas de Europa dende: as Illas Faroe,[12] Noruega,[13] Irlanda, Gran Bretaña e Illa de Man,[14] Países Baixos,[15] Galicia, costa cantábrica e Norte de Portugal. En América do Norte aparece na Baía de Fundy, Nova Escocia, Illa de Baffin, estreito de Hudson, península do Labrador e Terra Nova.[2][3] Accidentalmente apareceu na baía de San Francisco, California, onde foi erradicado por se considerar especia invasora.[16]
Ascophyllum nodosum apáñase polo contido en ácido alxínico, coma fertilizante e para a manufactura de alimentos a base de algas para animais e humanos.[17] Dende hai séculos empregouse xunto a outras oucas pardas coma as botellas coma fertilizantes e adubos convencionais e orgánicos para diferentes cultivos grazas á súa combinación de macronutrientes, (ex. N, P, K, Ca, Mg, S) e micronutrientes (ex. Mn, Cu, Fe, Zn etc.). Ademais contén citoquininas, auxinas-coma xiberelinas, betaínas, manitol, ácidos orgánicos, polisacáridos, aminoácidos e proteínas que son moi beneficiosas e amplamente empregadas na agricultura.[18] En Galicia apañábase coma argazo en moitos lugares para fertilizar as leiras. Hoxe existen fertilizantes comerciais, a maioría líquidos que conteñen extractos desta ouca, moitos deles de uso foliar, que actúan coma bioestimulantes de distintos cultivos, tanto a nivel profesional coma en xardinaxe.[Cómpre referencia]
Irlanda, Escocia e Noruega son os principais fornecedores de alxinato do mundo.[19][20]
O buche bravo (Ascophyllum nodosum) adóitase empaquetar para iscas de lagostas dende Nova Inglaterra a diferentes lugares.
Por mor das distintas idades que poden ter as diferentes partes da planta, o A. nodosum tense usado para controlar a cantidade de metais pesados nas augas. Informouse dun factor de bioconcentración para o zinc da orde 10/4.[21][22]
A. nodosum contén florotaninos coma o tetrafloretol C e tetrafucol A.[23]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.