From Wikipedia, the free encyclopedia
O Arquipélago xaponés (日本列島 Nihon Rettō?) é un grupo de 6.852 illas que forman o Xapón. Esténdese sobre 3000 km.[2] desde o Mar de Okhotsk ao nordés ata o Mar de Filipinas ao sur ao longo da costa nororiental do continente de Eurasia. Está formado por illas desde o arco da illa de Sakhalin, o arco nordés do Xapón ata as illas Ryukyu e as Illas Nanpō.
Arquipélago xaponés 日本列島 - Nihon Rettō | |
---|---|
Datos | |
País | Xapón Rusia |
Mar | Mar de Okhotsk - Mar do Xapón - Mar da China Oriental - Mar de Filipinas (océano Pacífico) |
Illa principal | Honshū 225.800 km² Hokkaidō 83.452 km² Sakhalin 76.400 km² Kyūshū 37.437 km² Shikoku 18.298 km² Sado 855 km² |
Linguas | Xaponés |
Poboación (2017) | 126.672.000 hab.[1]. |
Densidade | 336 hab/km² |
Superficie | 377.973´89 km² |
Nº de illas | 6-852 |
Coordenadas | 37°30′52″N 137°42′44″L |
Maior Altura | |
Capital | Kyoto |
Localización | |
O termo "Home Islands" foi usado ao final da segunda guerra mundial para definir a área do Xapón á que se restrinxiría a súa soberanía e ao dominio constitucional do Emperador do Xapón. O termo tamén é usado habitualmente hoxe para distinguir o arquipélago das colonias do Xapón e outros territorios na primeira metade do século XX.[3]
O arquipélago consta de 6.852 illas[4] (aquí definido como terra máis de 100 m de circunferencia), das cales 430 están habitadas.[5] As catro illas principais, de norte a sur, son Hokkaido, Honshu, Shikoku, e Kyūshū, Honshu é a maior e coñecida como continente xaponés.[6]
A actual topografía do arquipélago xaponés é:
Parte oriental de Hokkaido (parte do arco das Kuril);
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.