![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/42/Arjen_Robben_v_Shakhtar_2015_%2528cropped%2529.jpg/640px-Arjen_Robben_v_Shakhtar_2015_%2528cropped%2529.jpg&w=640&q=50)
Arjen Robben
futbolista neerlandés / From Wikipedia, the free encyclopedia
Arjen Robben (pron. neerlandesa: [ˈɑrjən ˈrɔbə(n)] ( escoitar)), nado en Bedum o 23 de xaneiro de 1984, é un exfutbolista internacional neerlandés. Robben participou coa súa selección nas Eurocopas da UEFA de 2004, 2008 e 2012, así como nas Copas do Mundo da FIFA de 2006, 2010 e 2014. Xogaba na posición de extremo, nas bandas esquerda ou dereita. Era coñecido pola súa capacidade para driblar, polos seus pases cruzados e pola precisión dos seus tiros de longa distancia coa súa perna esquerda desde o lado dereito do terreo de xogo.
Arjen Robben | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Arjen Robben | ||
Nacemento | 23 de xaneiro de 1984 (40 anos) | ||
Lugar de nacemento | Bedum | ||
Altura | 1,80 m | ||
Posición | Extremo | ||
Información de club | |||
Club actual | Groningen | ||
Número | 10 | ||
Carreira xuvenil | |||
1989–1996 | vv Bedum | ||
1996–2000 | Groningen | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2000–2002 | Groningen | 46 | (8) |
2002–2004 | PSV | 56 | (18) |
2004–2007 | Chelsea | 67 | (15) |
2007–2009 | Real Madrid | 50 | (11) |
2009–2019 | Bayern München | 201 | (99) |
2020–2021 | Groningen | 6 | (0) |
Total | 426 | (150) | |
Selección nacional | |||
1999 | Países Baixos Sub-15 | 1 | (0) |
1999–2000 | Países Baixos Sub-16 | 11 | (4) |
2000 | Países Baixos Sub-17 | 3 | (1) |
2001–2002 | Países Baixos Sub-19 | 8 | (2) |
2001–2003 | Países Baixos Sub-21 | 8 | (1) |
2003–2017 | Países Baixos | 96 | (37) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Robben deuse a coñecer co FC Groningen, para que foi o xogador do ano na tempada 2000-01 da Eredivisie. Dous anos despois polo PSV Eindhoven, onde recibiu o título ao Mellor Xogador Novo do ano dos Países Baixos, o coñecido como Premio Johan Cruijff, gañando ademais o título da Eredivisie.[1] Durante a seguinte tempada varios poderosos clubs ingleses tentaron a súa contratación e, despois de prolongadas negociacións, acabou fichando polo Chelsea FC na pretempada de 2004.
O debut de Robben no Chelsea fíxose agardar por mor dunha lesión, mais cando recuperou a forma axudou ao club inglés a gañar dous títulos da Premier League consecutivos, chegando a recibir o premio ao mellor xogador do Mes da FA Premier en novembro de 2005.[2][3] Despois dunha terceira tempada en Inglaterra, interrompida por unha lesión, o xogador neerlandés asinou co Real Madrid español, club que pagaría 35 millóns de euros polo traspaso. En agosto de 2009 foi traspasado de novo, esta vez ao FC Bayern München por un prezo próximo aos 25 millóns de euros,,[4] marcando dous goles no seu debut. Na súa primeira tempada en Múnic, o Bayern gañou o título de Liga, sendo o quinto título de liga de Robben en oito anos, marcando ademais o gol da vitoria na final da Liga de Campións, partido no que foi nomeado como mellor xogador. Despois da súa primeira tempada no club bávaro, tamén foi recoñecido como o Futbolista do Ano en Alemaña.[5]