Eurocopa de Fútbol de 2008
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Eurocopa 2008 (oficialmente, Campionato Europeo de Fútbol da UEFA ou UEFA EURO 2008™) foi a XIII edición da Eurocopa, o principal torneo entre seleccións de fútbol europeas organizado pola UEFA. Esta versión do torneo realizouse en Austria e Suíza, entre o 7 de xuño e o 29 de xuño de 2008, sendo a segunda ocasión na que o torneo foi organizado por dous países (trala Eurocopa 2000 realizada en Bélxica e os Países Baixos) e a primeira que foi albergada por unha destas nacións.
Nome oficial | Fußball-Europameisterschaft 2008 Championnat d'Europe de football 2008 2008 UEFA European Championship |
---|---|
Tipo | Eurocopa de Fútbol |
Mascota | Trix and Flix (en) |
Organizador | UEFA |
Número de participantes | 16 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Localización | Estadio Ernst Happel (Leopoldstadt (pt) ) Estádio Wals Siezenheim (pt) (Wals-Siezenheim (pt) ) St. Jakob-Park (Basilea) Letzigrund (Cantón de Zúric) Tivoli-Neu Stadion (pt) (Innsbruck) Stadion Wankdorf (Berna) Hypo-Arena (pt) (Klagenfurt) Stade de Genève (pt) (Cantón de Xenebra) |
País | Austria e Suíza |
Intervalo de tempo | 8 de xuño de 2008 – 29 de xuño de 2008 |
Número de edición | 13 (2008) |
Competición | |
Primeiro posto | España (2º) |
Datos estatísticos | |
Partidos | 31 |
Goles | 77 |
Máis goles marcados | David Villa↔ España (4) |
Número de espectadores | 1.140.902 |
Outro | |
Páxina web oficial | uefa.com… |
A candidatura de Austria e Suíza foi proclamada polo Comité Xeral da UEFA, o 12 de decembro de 2002, superando a un total de seis candidaturas. 16 seleccións participaron no evento, 14 das cales adxudicáronse a súa participación neste torneo tras superar un proceso clasificatorio disputado entre 2006 e 2007 por 52 equipos, ás que se sumaron as seleccións de Austria e Suíza, clasificadas automaticamente na súa calidade de anfitrioas. Os equipos participantes foron divididos en catro grupos de catro equipos cada un; tras disputar un formato de liga en cada grupo, os dous mellores de cada un clasifícanse cara a seguinte rolda. Os oito clasificados enfróntanse posteriormente nun sistema de eliminación directa ata determinar ao campión no partido final a disputarse no Estadio Ernst Happel de Viena.
Estimábase que 1 050 000 persoas asistirían aos 31 partidos disputados durante a fase final do torneo e que a audiencia acumulada do evento por televisión acadaría os 8.000 millóns de espectadores a nivel mundial,[1] o que podería convertelo no evento deportivo máis visto de 2008, superando incluso aos Xogos Olímpicos de Pequín 2008.[2]