From Wikipedia, the free encyclopedia
O arciprestado de Faro é un arciprestado da arquidiocese de Santiago de Compostela. Pertence á vigairía da Coruña e abrangue 6 parroquias do concello da Coruña.[1]
Recibe o nome polo antigo arciprestado de Faro, que se estendía polos actuais concellos da Coruña, Culleredo e Arteixo.[2]
En 1959, mediante decreto de 30 de novembro do cardeal Quiroga, ficou reducido a 16 parroquias (dúas do municipio arteixán e o resto do coruñés): Santa María e Santiago, San Xurxo, San Nicolao, Santa Lucía, San Pedro de Mezonzo, Santa María de Oza, San Vicenzo de Elviña, San Cristovo das Viñas, San Pedro de Visma, San Tomé Apóstolo, San Xosé, Santa Margarida, San Rosendo, Nosa Señora do Carme, Santa María de Pastoriza e San Tirso de Oseiro.[3]
En 1979 segregáronse del os arciprestados de Catro Camiños, Monelos e Riazor,[4] e as freguesías de Pastoriza e Oseiro pasaron para o arciprestado de Laracha.[3]
As 6 parroquias do arciprestado son Santa María e Santiago, San Xurxo, San Nicolao, San Tomé (establecida en 1942),[5] San Xosé (establecida en 1954)[6] e María Auxiliadora (establecida en 1977).[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.