San Cristovo das Viñas, A Coruña
parroquia civil do concello da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
San Cristovo das Viñas é unha parroquia que se localiza na parte central oeste do concello da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE) en 2014 tiña 5443 habitantes (2608 homes e 2835 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en 250 habitantes en relación ao ano anterior.
San Cristovo das Viñas | |
---|---|
Concello | A Coruña[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°22′17″N 8°24′19″O |
Área | 5 km² |
Poboación | 5.443 hab. (2014) |
Densidade | 1.088,6 hab./km² |
Entidades de poboación | 16[2][1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Moitos núcleos de poboación históricos da parroquia (A Sardiñeira, Vioño, O Ventorrillo, Outeiro etc.) foron absorbidos pola localidade da Coruña para os efectos de nomenclátor, non sendo contabilizados nas estatísticas oficias da parroquia a pesar de estaren situados dentro dela. Tamén acontece isto mesmo co Polígono de Elviña –cuxa maior parte se atopa na parroquia de San Cristovo e non na de Elviña, a pesar de que o seu nome indique o contrario–.
A parroquia de San Cristovo das Viñas pertenceu ao antigo concello de Oza ata 1912, data na que o devandito foi anexionado polo concello da Coruña.
Lugares da parroquia de San Cristovo das Viñas no concello da Coruña | |
---|---|
O Birloque | O Bosque | A Cabana | Cances | A Cova | Fontenova | A Grela | Laxes de Orro | Lonzas | O Martinete | A Moura | San Cristovo das Viñas | San Xosé | Someso | A Silva |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.