especie botánica From Wikipedia, the free encyclopedia
O arandeira rubia ou arandeira vermella[1] (Vaccinium vitis-idaea) é unha planta perenne da familia das ericáceas, nativa de Eurasia e América do Norte.
Arandeira rubia | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Vaccinium vitis-idaea' L. 1753 |
Atópase nas zonas setentrionais de Europa, Asia e América do Norte. Na Península Ibérica aparece nos Pireneos, chegando algúns exemplares a Asturias e o leste de Galicia. Espállase polos bosques de montaña, as turbeiras e landas.
Subarbusto perenne de porte rastreiro cuxas poliñas acadan unha altura máxima de 20 cm, confúndese coa amora ou uva de oso (Arctostaphylos uva-ursi). Ten as follas ovais con bordos enrolados. Flores brancas ou rosadas en acio. O froito é unha baga de cor vermella.
Os arandos rubios son unha froita do bosque moi popular en Europa Central, Norte e Oriental. Pódense comer directamente bravos, mais, polo seu sabor algo agre, adóitanse consumir xa preparados, en doces, xeleas, marmeladas etc.[2]
A marmelada de arando vermello é moi habitual en Escandinavia e Europa do Leste. Tanto en marmelada como en mollo ou compota, son un elemento tradicional da cociña escandinava, principalmente coma gornición de carnes de caza.
En Rusia tómase auga de arandos (ruso: брусничная вода [brusnichnaya voda]) como refrixerante.
Tamén se obteñen bebidas alcólicas por fermentación, coma vodka en países do Leste, ou licor (Lillehammer) en Noruega.
As follas serven para facer unha infusión.
Vaccinium vitis-idaea foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 351. 1753.[3]
Vaccinium: nome xenérico que se utilizou en latín clásico para un tipo de baga (probabelmente o arando bravo Vaccinium myrtillus), mais a súa última derivación é escura, (non é a mesma palabra que vaccinum = "de ou pertencente ás vacas").[4]
vitis-idaea: epíteto latíno que significa "uvas do Monte Ida".[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.