Aríns, Santiago de Compostela
parroquia civil do concello de Santiago de Compostela From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Santiago de Compostela From Wikipedia, the free encyclopedia
San Martiño de Aríns[1] é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2018 tiña 1.402 habitantes (713 homes e 689 mulleres) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 904 habitantes.
Aríns | |
---|---|
Igrexa de Aríns | |
Concello | Santiago de Compostela[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°51′54″N 8°30′01″O |
Área | 11,49 km² |
Poboación | 1.390 hab. (2019) |
Densidade | 120,97 hab./km² |
Entidades de poboación | 15[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Dentro da "Historia política, religiosa y descriptiva de Galicia", de Martínez de Padín, indícase[2] que un dos ríos que bañan esta parte é o Aríns, do que recibe o nome a parroquia.
No Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz, indícase[3]:
ARÍNS (SAN MARTIÑO DE):[4] freg. na prov. d'A Coruña (10 1/2 leg.), dioc. e part. xud. de Santiago (3/4), e conc. de Conxo:[5] SIT. en terreo montuoso e parte nun vale, ao O. do Almenal ou Fornás, que a resgarda dos ventos do L.: o seu CLIMA é temperado e san: ten sobre 130 CASAS pobres e incómodas, distribuídas nos l. e barrios de Andrade, Aramio, Cacharela, Costa, Devesa, Eixo, Fondevila, Fornás, Igrexario, Lobio, Pena, Sanxuás, Sobríns, Torre Branca e Vilacova,[6] que gozan de boas e abondosas augas. A igr. parr. (San Martiño) é de fundación inmemorial, se ben os libros bautismais son do século XVII: o curato é de provisión ordinaria, e percibía 1/3 do décimo e primicia, recadando os 2 restantes o cabido de Santiago, sen prexuízo das casas exentas que pertencían ao Goberno, e coa notable circunstancia de que o cura recibía 2/3 da parte decimada nos terreos do Igrexario: o cemiterio, aínda que sit. no adro da igr. non dana á saúde pública, por atoparse amurallado e con boa ventilación. O TERM. esténdese a 1 leg. de N. ao S. e 1 1/2 de L. ao O.: confina ao N. con Sta. Eulalia de Bando, polo L. con Sta. María de Lamas e Sta. Baia de Vigo,[7] polo S. con San Cristovo do Eixo e Santa María de Marrozos,[8] e ao O. Sta. María a Real de Sar:[9] a baña cruzando o terr. un dos r., que variando de nome veñen a formar o Sar ou r. do Arcebispo;[10] o seu curso é perenne, recibe algúns regatos, e aínda que de pouco caudal, ten 1 ponte de pedra de 2 arcos de má construción e peor estado. O TERREO é fértil, con especialidade na parte do l. de Cacharela; porén carece de arboredo: os CAMIÑOS son locais, e así como o de ferradura que se dirixe ás freg. de Vigo e Lamas, se encontran abandonados: o CORREO recíbese en Santiago: PROD.: trigo, maínzo, fabas, liño, centeo, cebada e algunhas froitas: cría gando vacún, cabalar, lanar e de cerda; e hai caza de lebres e perdices: o sobro da colleita e parte do gañado o presentan estes naturais nos mercados de Santiago, Padrón e outros inmediatos: a IND. atópase reducida a varios muíños fariñeiros, e algúns teares, pero puidera se establecer con utilidade 1 fáb. de caparrosa, á que convida a abundancia de piritas de ferro que se desprenden do monte Fornás e que se cre beneficiaban os romanos: POBO.: 134 vec., 634 alm.: CONTR. co seu concello. (V.).
A parroquia celebra as festas populares máis grandes a última fin de semana de agosto, e o seu patrón (San Martiño) o 11 de novembro.
Lugares da parroquia de Aríns no concello de Santiago de Compostela | |
---|---|
Andrade | O Aramio | A Cacharela | A Devesa | Fornás | A Granxa | O Igrexario | Lobio | A Pena | Sanxuás | Sobríns | A Torre Branca | Vilacova |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.