Apeadoiro de Aranga
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O apeadoiro de Aranga foi un apeadoiro de Adif situado preto da aldea do Apeadeiro, entre as parroquias de Vilarraso e Aranga, no concello de Aranga. O edificio permanece á beira da liña férrea A Coruña-León[1] e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.
Aranga | |
---|---|
Situación | Aranga |
O apeadoiro atópase no extremo sur da parroquia de Aranga, no linde coa de Vilarraso e a poucos metros do termo municipal de Curtis. Está situado no punto quilométrico 481,2 da liña férrea de largo ibérico que une León e A Coruña, entre as estacións de Teixeiro e Guitiriz, polo que era a derradeira estación da liña na provincia da Coruña en dirección a Lugo.[1] O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Entrou en funcionamento o 10 de outubro de 1875 coa apertura do tramo A Coruña-Lugo da liña férrea que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] Recibiu o nome de Aranga, seguindo o costume castelán de pór os nomes dos concellos,[3] e deu nome ó lugar do Apeadoiro.
En outubro de 1908 realizouse no apeadoiro unha xuntanza de foreiros veciños de Aranga, á cal acudiu César Sánchez Díaz, onde se discutiu a oposición ó pagamento das rendas con que contribuían á condesa Emilia Pardo Bazán.[4] Ditas rendas foron adquiridas polo pai da escritora en 1845 e 1846 coa desamortización do mosteiro de Sobrado.[5]
No relato curto «Un saxo na néboa» do libro Que me queres, amor? (1995) de Manuel Rivas, o protagonista e maila Orquestra Azul baixan do tren na estación ou apeadoiro de Aranga para logo proseguir a pé cara a ficticia Santa Marta de Lombás.[6]
O apeadoiro aparece tamén en varios relatos do guitiricense Xosé Bergantiños, onde o autor conta como ía ás troitas ó río Mandeo desde Guitiriz, baixando no apeadoiro de Aranga e camiñando uns quilómetros pola vía do tren até o río.[7][8]
Por outra banda, nalgunhas cantigas populares faise referencia ó apeadoiro, aínda que sobre todo ó paso do tren pola zona:[9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.