From Wikipedia, the free encyclopedia
Antonio Machado Álvarez, máis coñecido polo pseudónimo Demófilo, nado en Santiago de Compostela o 6 de abril de 1848 e finado en Sevilla o 3 de febreiro de 1893, foi un escritor, antropólogo e folclorista da Xeración de 1868 en España. Librepensador e de ideoloxía liberal progresista moi próxima ao krausismo, foi pai de cinco fillos entre os que se atopan os poetas Manuel e Antonio Machado.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de abril de 1846 Santiago de Compostela, España |
Morte | 4 de febreiro de 1893 (46 anos) Sevilla, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de San Fernando en Sevilla |
Actividade | |
Ocupación | antropólogo, escritor |
Pseudónimo literario | Demófilo |
Familia | |
Cónxuxe | Ana Ruiz Hernández |
Fillos | Cipriana Machado, Manuel Machado, Antonio Machado, José Machado Ruiz, Francisco Machado |
Pais | Antonio Machado Núñez e Cipriana Álvarez Durán |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Machado Álvarez (ANtonio), p.246) |
A súa nai foi Cipriana Álvarez Durán (Sevilla, 1827). O seu pai, Antonio Machado y Nuñez (Cádiz, 1812), foi catedrático de Ciencias Naturais na Universidade de Sevilla; nesta cidade transcorreu gran parte da súa vida e nela estudou Filosofía e Dereito. O seu mestre, Federico de Castro, inculcoulle as ideas do evolucionismo e do krausismo co que posteriormente inclinarase á filosofía utilitarista de Herbert Spencer. Ocupou interinamente a cátedra de Metafísica na Universidade de Sevilla e exerceu como xuíz municipal. Un home moi inquieto, abriu un bufete de avogados. Foi nomeado catedrático de Folclore na Institución Libre de Enseñanza (Madrid) e participou activamente na Revista Mensual de Filosofía, Literatura y Ciencias (1869-1874) cos seus primeiros traballos sobre literatura popular. No verán de 1892, aguilloado por problemas económicos, aceptou un posto de avogado que lle ofreceron uns amigos en San Xoán de Porto Rico. Apenas chegado á illa caeu enfermo. Rescatouno o seu cuñado e levouno de volta a Sevilla onde morreu o 4 de febreiro de 1893, con 47 anos de idade.[1]
Librepensador e de ideoloxía progresista moi próxima ó krausismo, foi pai, xunto con Ana Ruiz Hernández, de cinco fillos entre os que se atopan os poetas Manuel e Antonio Machado. A causa da tradición familiar materna, sentiu un grande interese pola literatura popular e de feito os fillos aprenderon case a ler co Romancero do seu parente Agustín Durán. Dende a súa creación en 1871, formou parte da Sociedade Antropolóxica Sevillana xunto co seu pai e impulsor de dita institución, Antonio Machado y Nuñez. Publicou xunto ó krausista Federico de Castro Contos, lendas e costumes populares (1872). O interese polos estudos folclóricos plasmaranse de novo na revista La Enciclopedia (1877), de periodicidade decenal, en cuxas páxinas creou unha sección permanente sobre literatura popular.
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Dirixiu a Biblioteca de las Tradiciones Populares Españolas, con once volumes editados entre 1882 e 1888.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.