escritor e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Antonio Edelmiro Gato Soengas, nado en Monterroso o 22 de febreiro de 1945, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2020.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de febreiro de 1945 (79 anos) Monterroso, España |
Alcalde de Monterroso | |
2019 – xullo de 2020 (dimisión) – Rocío Seijas → | |
Alcalde de Monterroso | |
1999 – 2015 ← Luis Pereiro Vázquez – Jesús Otero Calvo → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Monterroso |
Ocupación | político, escritor |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
É diplomado en Maxisterio e licenciado en Dereito pola UNED. Comezou a súa militancia no Partido Socialista Popular de Tierno Galván en 1973, que acabou formando parte do PSdeG-PSOE. Encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Monterroso en 1979, sendo elixido concelleiro, se ben presentou a súa dimisión ó ano seguinte. Foi elixido deputado autonómico tralas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1981, revalidando a súa acta nas seguintes convocatorias electorais ata a súa retirada das listas en 1997. Foi concelleiro en Castro de Rei de 1991 a 1999, sendo candidato á alcaldía en 1995. Foi deputado provincial no mandato 1991-1995.
Nas eleccións municipais de 1999 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Monterroso e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Revalidou a alcaldía, tamén por maioría absoluta, nas seguintes eleccións de 2003, 2007 e 2011. No mandato 2007-2011 foi desginado deputado provincial, sendo o portavoz do PSdeG na Deputación de Lugo.
En 2015 perdeu a alcaldía en favor do seu excompañeiro Jesús Otero Calvo, o cal logrou a maioría absoluta á fronte dunha candidatura independente, tralo cal non recolleu a súa acta de concelleiro e se retirou da política local. A comezos de 2018 regresou á política municipal como Secretario Xeral do PSdeG de Monterroso. Porén, as discrepancias co partido, especialmente coa dirección provincial do partido, supuxo que se dese de baixa como afiliado en setembro dese mesmo ano[1].
Nas municipais de 2019 presentouse como candidato á alcaldía por un novo partido, Independentes por Monterroso (IxM) e resultou elixido alcalde por maioría simple, tras gañar as eleccións por tan só un voto de diferenza sobre o PSdeG. Ao pouco disto, destituíu os tenentes de alcalde do seu partido, e gobernou el só. A finais de 2019, nomeou tenentes de alcalde os edís do PSdeG e CxG.[2] En maio de 2020 viviu outra crise de goberno, a segunda no mandato, e destituíu os concelleiros do PSdeG: quedou no goberno el só co apoio do edil de CxG[3]. En xullo de 2020 renunciou á alcaldía e abandonou o concello[4], sendo substituído pola súa excompañeira de IxM Rocío Seijas Vázquez.
En setembro de 2022 anunciouse o seu regreso ao PSdeG-PSOE como candidato á alcaldía de Monterroso nas muncipais de 2023[5]. En dita convocatoria electoral foi a segunda forza máis votada, tan só 8 votos por detrás do PPdeG e con 3 concelleiros ambos. A negativa dos demais partidos a apoialo supuxo que os populares asumisen a alcaldía en minoría.
Predecesor: Luis Pereiro Vázquez |
Alcalde de Monterroso 1999 - 2015 |
Sucesor: Jesús Otero Calvo |
Predecesor: Miguel Rico Gómez |
Alcalde de Monterroso 2019 - 2020 |
Sucesor: Rocío Seijas Vázquez |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.