From Wikipedia, the free encyclopedia
Ana María Rodríguez-Arroyo Mariscal, nada en Madrid o 31 de xullo de 1921[1] e finada na mesma cidade o 28 de marzo de 1995, foi unha actriz, directora e produtora española. A crítica considerouna unha das mellores directoras de cinema europeo do século XX.[2]
(1944) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Ana María Rodríguez Arroyo 31 de xullo de 1923 Madrid, España |
Morte | 28 de marzo de 1995 (71 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de La Almudena |
Actividade | |
Ocupación | actriz, guionista, actriz de cinema, escritora, directora de cinema, produtora |
Período de actividade | 1940 - 1989 |
Familia | |
Irmáns | Luis Arroyo |
Premios | |
| |
|
Debutou no cinema por casualidad: sendo estudante de Ciencias Exactas acompañou o seu irmán, o actor Luis Arroyo, ás probas para a rodaxe da produción hispano-italiana El último húsar (1940), de Luis Marquina; o director fixouse nela e decidiu darlle o segundo papel feminino do filme.[3] Un anos despois protagonizou Raza, de José Luis Sáenz de Heredia, xunto a Alfredo Mayo, e converteuse nunha das grandes estrelas do cinema español do momento. Iniciou así unha traxectoria chea de grandes éxitos na pantalla grande que se prolongou durante máis dunha década. Rodou durante ese tempo entre outras Vidas cruzadas (Luis Marquina, 1942), Mañana como hoy (Mariano Pombo, 1947), La princesa de los Ursinos (Luis Lucia, 1947), El tambor del Bruch (Ignacio F. Iquino, 1948), Pacto de silencio (Antonio Román, 1949) ou Un hombre va por el camino (Manuel Mur Oti, 1949). Durante a rodaxe desta última coñeceu a Valentín Javier García Fernández, con quen contraeu matrimonio en 1954.[4]
Compaxinou a súa presenza na gran pantalla con destacadas interpretacións sobre os escenarios, onde debutara ao inicio da década no Teatro María Guerrero, da man de Luis Escobar. En 1945, Mariscal representou en Valladolid Don Juan Tenorio de José Zorrilla. Polas noites interpretaba a Dona Inés, mais polas tardes atreveuse co papel de Don Juan, o que foi cualificado por algúns como «irreverente», e chegando a realizarse un xuízo literario contra ela, con acusador, defensor e tribunal. Foi absolta da súa «ousadía».[5]
Ao iniciarse a década dos cincuenta comezou a espazar as súas aparicións como actriz e creou a produtora Bosco Films. Pouco despois comezou a producir, dirixir e escribir os guións dos seus propios filmes: Segundo López, aventurero urbano (1953), Misa en Compostela (1954) e Con la vida hicieron fuego (1959). Foi en 1963, con El camino, cando logrou o recoñecemento da crítica ao seu labor detrás da cámara.
Ademais dos seus propios filmes rodou outros ás ordes de diferentes directores, se ben de xeito moito máis esporádico. Apareceu en títulos de enorme repercusión comercial no seu momento, como Jeromín (Luis Lucia, 1953), Un día perdido (José María Forqué, 1954) e Morena Clara (Luis Lucia, 1954).
Trala súa voda en 1954, a parella marchou á Arxentina, onde permaneceron dous anos. Alí, Mariscal traballou nalgúns filmes como En carne viva, Bacará, de Kurt Land; Enigma de mujer, de Enrique Cahen Salaberry; Los maridos de mamá, de Edgardo Togni. Tamén apareceu na televisión e interpretou no teatro obras de Federico García Lorca.[6]
De volta a España, traballou en filmes da súa propia produtora, ademais de aceptar papeis en obras doutros directores: La violetera (1958), de Luis César Amadori ou La reina del Chantecler (1958). Deu tamén clases de interpretación no IIEC (Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas) entre 1957 e 1960.[7]
Nos seus últimos anos viviu voluntariamente afastada do mundo do espectáculo e dedicouse por completo á literatura.[8] En xaneiro de 1995 foille concedida a Medalla de Ouro ao mérito nas Belas Artes.[9]
Faleceu o 28 de marzo de 1995 aos 71 anos nun hospital de Madrid a causa dun cancro. Foi enterrada ao día seguinte no Cemiterio da Almudena.[10]
Ano | Título | Acreditada como | Dirección | Notas | ||
---|---|---|---|---|---|---|
Intérprete | Directora | Produtora | ||||
1940 | Amore di ussaro | Si | Luis Marquina | Coproducción hispano-italiana | ||
1940 | La florista de la reina | Si | Eusebio Fernández Ardavín | Adaptación da obra de teatro homónima | ||
1942 | Raza | Si | José Luis Sáenz de Heredia | |||
1942 | ¡Qué contenta estoy! | Si | Julio de Fleischner | |||
1942 | Siempre mujeres | Si | Carlos Arévalo | |||
1942 | Vidas cruzadas | Si | Luis Marquina | |||
1943 | Cuarenta y ocho horas | Si | José María Castellví | |||
1944 | Cabeza de hierro | Si | Ignacio F. Iquino | |||
1945 | Una sombra en la ventana | Si | Ignacio F. Iquino | Premio CEC á mellor actriz | ||
1945 | ¡Culpable! | Si | Ignacio F. Iquino | |||
1945 | Viento de siglos | Si | Enrique Gómez | |||
1945 | El obstáculo | Si | Ignacio F. Iquino | |||
1947 | Dulcinea | Si | Luis Arroyo | |||
1947 | Noche sin cielo | Si | Ignacio F. Iquino | |||
1947 | La princesa de los Ursinos | Si | Luis Lucia | |||
1948 | El tambor del Bruch | Si | Ignacio F. Iquino | |||
1948 | Mañana como hoy | Si | Mariano Pombo | |||
1948 | La próxima vez que vivamos | Si | Enrique Gómez | |||
1948 | La vida encadenada | Si | Antonio Román | |||
1949 | Aquellas palabras | Si | Luis Arroyo | |||
1949 | Pacto de silencio | Si | Antonio Román | |||
1949 | Doce horas de vida | Si | Francisco Rovira Beleta | |||
1949 | Un hombre va por el camino | Si | Manuel Mur Oti | Premio CEC á mellor actriz | ||
1950 | De mujer a mujer | Si | Luis Lucia | Premio CEC á mellor actriz | ||
1950 | La fuente enterrada | Si | Antonio Román | |||
1951 | El gran galeoto | Si | Rafael Gil | Baseado na obra homónima de José Echegaray | ||
1953 | Segundo López, aventurero urbano | Si | Si | Si | Ana Mariscal | Coguionista |
1953 | Jeromín | Si | Luis Lucia | Baseado na novela homónima de Luis Coloma | ||
1953 | Vértigo | Si | Eusebio Fernández Ardavín | |||
1954 | Misa en Compostela | Si | Si | Ana Mariscal | Documental. Locución: Ana Mariscal | |
1954 | Morena Clara | Si | Luis Lucia | |||
1955 | En carne viva | Si | Enrique Cahen Salaberry | |||
1955 | Un día perdido | Si | José María Forqué | |||
1955 | Bacará | Si | Kurt Land | |||
1956 | De noche también se duerme | Si | Enrique Carreras | |||
1956 | Los maridos de mamá | Si | Edgardo Togni | |||
1956 | Enigma de mujer | Si | Enrique Cahen Salaberry | |||
1958 | La violetera | Si | Luis César Amadori | |||
1958 | Hay que bañar al nene | Si | Edgardo Togni | |||
1958 | Patio andaluz | Si | Jorge Griñán | |||
1958 | Carlota | Si | Si | Enrique Cahen Salaberry | Baseado na obra homónima de Miguel Mihura | |
1959 | Juego de niños | Si | Si | Enrique Cahen Salaberry | Baseado na obra homónima de Víctor Ruiz Iriarte | |
1959 | Con la vida hicieron fuego | Si | Si | Si | Ana Mariscal | Diálogos |
1959 | Il magistrato | Si | Luigi Zampa | Coprodución hispano-italiana | ||
1960 | La quiniela | Si | Si | Si | Ana Mariscal | |
1961 | Hola, muchacho | Si | Si | Si | Ana Mariscal | |
1962 | Feria en Sevilla | Si | Si | Si | Ana Mariscal | |
1962 | La reina del Chantecler | Si | Rafael Gil | |||
1962 | Occidente y sabotaje | Si | Si | Si | Ana Mariscal | Coguionista |
1963 | El camino | Si | Si | Ana Mariscal | ||
1964 | L'autre femme | Si | François Villiers | Coprodución hispano-francesa | ||
1966 | Los duendes de Andalucía | Si | Si | Ana Mariscal | Coguionista | |
1966 | Vestida de novia | Si | Si | Si | Ana Mariscal | Coguionista |
1968 | El paseíllo | Si | Si | Si | Ana Mariscal | Coguionista |
1987 | El polizón del Ulises | Si | Javier Aguirre | Baseado no relato infantil homónimo de Ana María Matute | ||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.