Compañía dixital con visión global que ofrece servicios de consultoría, desenvolvemento e mantemento de solucións e servizos avanzados de tecnologxía. From Wikipedia, the free encyclopedia
Altia Consultores S. A. é unha empresa constituída o 17 de marzo de 1994 con sede na cidade da Coruña[3]. Dedícase á prestación de servizos de consultoría no eido das TIC. O seu presidente executivo é Constantino Fernández Pico, coñecido por presidir tamén o consello de administración do R. C. Deportivo da Coruña desde 2014 ata 2019.
Altia | |
---|---|
Tipo | Sociedade anónima |
Fundación | 17 de marzo de 1994 |
Localización | Avenida da Pasaxe, 32 15009 A Coruña |
Fundador | Tino Fernández Álvaro Sánchez Silvela Amadeo Fdez. Sánchez [1] |
Persoas clave | Tino Fernández (Presidente executivo) |
Industria | TIC |
Produtos | Servizos de consultoría |
Beneficio neto | 7.200.000 € (ano 2016)[2] |
Número de empregados | +700 (ano 2015) |
Na rede | |
http://www.altia.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Altia foi impulsada por Tino Fernández en 1994, e a súa primeira sede estivo na Coruña. Conta con delegacións en: Oleiros, Vigo, Vitoria-Gasteiz, Milladoiro, Madrid, Valladolid, Alacante, Toledo, Ames, Valladolid, Santiago de Chile, Leioa, Tenerife, Palma de Mallorca e Barcelona, ademais dun centro de desenvolvemento tecnolóxico no Campus de Elviña e un centro de datos no Campus das Lagoas-Marcosende.
Entre os seus clientes figuran ou figuraron empresas como Abanca, Coren, Augas de Galicia, Banco Pastor, Banesto, BBK, Bricoking, Cafés Candelas, Caramelo, Citröen, Codere, CRTVG, Emalcsa, Estrella Galicia, FORTA, Inditex, Megasa, Navantia, R, Renault, Roberto Verino, Telefónica, Turgalicia ou Vodafone así como distintas administracións públicas tanto a nivel local, autonómico como estatal ademais de entidades e organismos dependentes destas.[4]
En 2010 Altia empezou a cotizar no Mercado Alternativo Bolsista da Bolsa de Madrid.
En 2014 entrou no seu accionariado o multimillonario investidor indio Ram Bahvani[5] cun 5% do accionariado ao comezo, chegando ata o 8,5% actual (2016)[6]
Actualmente conta con máis de 2.2000 empregados entre inxenieiros e consultores.
Estas empresas forman parte do grupo Altia:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.