From Wikipedia, the free encyclopedia
As alfaproteobacterias [1] ou Alphaproteobacteria (ás veces escrito alfa-proteobacterias[1]) son un tipo de bacterias gramnegativas que forman unha clase do filo Proteobacteria.[2]
Alfaproteobacterias | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Micrografía electrónica de transmisión dunha célula de insecto con bacterias Wolbachia no seu interior. de Public Library of Science / Scott O'Neill | |||||||
Clasificación científica | |||||||
| |||||||
Ordes | |||||||
|
As Alphaproteobacteria comprenden maioritariamente xéneros fotótrofos, pero tamén varios xéneros que metabolizan compostos dun só carbono (por exemplo, Methylobacterium spp.), simbiontes de plantas (por exemplos, Rhizobium spp.) e animais, e un grupo de patóxenos, as Rickettsiaceae. Ademais, os precursores das mitocondrias das células eucarióticas pénsase que se orixinaron a partir de Rickettsia spp. (ver teoría endosimbiótica). Debido ás súas propiedades simbióticas, os investigadores usan frecuentemente as Alphaproteobacteria do xénero Agrobacterium nas técnicas de transferencia de xenes alleos a xenomas de plantas, e teñen tamén moitas outras aplicacións biotecnolóxicas.[3] As bacterias fotótrofas anoxixénicas aeróbicas son alfaproteobacterias, e son unha parte do plancto mariño de ampla distribución, que poden chegar a supoñer o 10% de toda a comunidade microbiana de mar aberto.
A clase Alphaproteobacteria comprende dez ordes, que son: Magnetococcales, Rhodobacterales, Rhodospirillales, Rickettsiales, Sphingomonadales, Caulobacterales, Kiloniellales, Kordiimonadales, Parvularculales e Sneathiellales.[4][5] Nas árbores filoxenéticas baseadas en secuencias concatenadas de grandes conxuntos de datos de proteínas, as especies destes ordes das que xa se secuenciou o xenoma ramifícanse na seguinte orde, desde a rama máis antiga á máis recente: Magnetococcales-Rickettsiales-Rhodospirillales-Sphingomonadales-Rhodobacterales-(Caulobacterales-Parvularculales)- Rhizobiales.,[6][7][8] As análises comparativas dos xenomas secuenciados levaron á descuberta de moitas mutacións por insercións e delecións (indeis) conservados en proteínas amplamente distribuídas e nas proteínas completas (é dicir, proteínas "sinatura"), que son características distintivas ou ben de todas as Alphaproteobacteria, ou ben das súas ordes principais (Rhizobiales, Rhodobacterales, Rhodospirillales, Rickettsiales, Sphingomonadales e Caulobacterales) e familias (Rickettsiaceae, Anaplasmataceae, Rhodospirillaceae, Acetobacteraceae, Bradyrhiozobiaceae, Brucellaceae e Bartonellaceae). Estas sinaturas moleculares proporcionan novos métodos para clasificar estes grupos taxonómicos e para a identificación e asignación de novas especies a cada un dos grupos.[6][9] Análises filoxenéticas e indeis conservados en gran cantidade doutras proteínas fornecen evidencias de que as Alphaproteobacteria se ramificaron antes ca moitos outros filos e clases de bacterias, agás as Betaproteobacteria e Gammaproteobacteria.[10][11]
A filoxenia aceptada actualmente deste grupo está baseada na LPSN (List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) [5] e na base de datos taxonómicos do NCBI (National Center for Biotechnology Information) [12] e a filoxenia está baseada nos datos do ARNr 16S da LTP 106 do Proxecto The All-Species Living Tree [13]
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas:
♠ Cepas que se atopan no NCBI, pero non na LPSN.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.