Alemaña no Festival de Eurovisión
From Wikipedia, the free encyclopedia
Alemaña participou en todos os Festivais de Eurovisión desde o seu inicio en 1956, salvo na edición de 1996. É o país con máis representacións en toda a historia do Festival da canción. Francia e o Reino Unido están preto, faltando a só dúas edicións cada un. Tamén se atopa bastante cerca España que empezou a concursar en 1961 e desde entón non faltou nunca.
Alemaña | |
---|---|
Estación membro | e |
Final nacional | Unser Star/Song für... (cidade sede) |
Aparicións | 58 |
Primeira aparición | 1956 |
Mellor resultado | |
Final | 1° 2010 1° 1982 |
Semifinal | 24º 1996, única semifinal porque a partir do ano 2000 pasa directamente á final por ser do Big 4 (máis tarde Big 5). |
Peor resultado | |
Final | 26° 2015
26° 2016 |
Semifinal | 24º 1996, única semifinal porque a partir do ano 2000 pasa directamente á final por ser do Big 4 (máis tarde Big 5). |
Ligazóns externas | |
Páxina de Alemaña en Eurovision.tv |
Aínda que os participantes alemáns tiveron un éxito limitado (Alemaña só gañou o festival dúas veces), o interese público mantense alto e o festival é un dos eventos máis vistos en cada ano.
En anos recentes, Alemaña destacou pola súa adopción de estilos musicais non tan típicos co que poida asociarse normalmente a Eurovisión, tales como o country (Texas Lightning - Non Non Never en 2006), o swing (Roger Cicero - Frauen regier'n die Welt en 2007) ou o electropop (Lena - Taken by a stranger en 2011).
En 34 veces estivo no TOP-10 e só en 5 veces, Alemaña foi última (sen ter en conta a súa eliminación na rolda de clasificación en 1996).