Alberto Santos Dumont
From Wikipedia, the free encyclopedia
Alberto Santos Dumont, nado en Palmira o 20 de xullo de 1873 e finado en Guarujá o 23 de xullo de 1932, foi un pioneiro da aviación, inventor[1][2] e enxeñeiro brasileiro.
Nome orixinal | (pt) Alberto Santos-Dumont |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 20 de xullo de 1873 Santos Dumont, Brasil (pt) |
Morte | 23 de xullo de 1932 (59 anos) Guarujá, Brasil |
Causa da morte | suicidio, enforcamento |
Lugar de sepultura | Cemitério de São João Batista (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Brasil Francia |
Educación | Colégio Culto à Ciência (pt) |
Actividade | |
Ocupación | aviador , aeronauta , Inventories of American Painting and Sculpture (en) , científico |
Membro de | |
Lingua | Lingua portuguesa e lingua francesa |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Pais | Henrique Dumont (pt) e Francisca de Paula Santos (pt) |
Irmáns | Luiz Dumont (pt) |
Premios
| |
Santos Dumont foi o primeiro home en engalar a bordo dun avión, impulsado por un motor aeronáutico. Aínda que algúns consideran os irmáns Wright como os primeiros en realizar esta fazaña, debido á engalaxe que aseguraron realizar o 17 de decembro de 1903, Santos Dumont foi o primeiro en completar un circuíto preestablecido, baixo a supervisión oficial de especialistas na materia, xornalistas e cidadáns. O 23 de outubro de 1906 voou uns 60 metros a unha altura de 2 a 3 metros do chan co seu 14-bis, no campo de Bagatelle en París. En menos dun mes, repetiu a fazaña ante unha multitude de testemuñas, percorrendo 220 metros a unha altura de 6 metros. O voo do 14-bis foi o primeiro verificado polo Aeroclub de Francia, dun aparello máis pesado que o ar en Europa e posiblemente a primeira demostración pública dun vehículo que tomaba voo polos seus propios medios, sen ser propulsado. O 14-bis tiña unha engalaxe autopropulsada, polo que Santos Dumont é considerado pola comunidade científica e aeronáutica como o "pai da aviación".
Herdeiro dunha familia de prósperos produtores de café, puido estudar ciencia e mecánica en París. A diferenza doutros pioneiros da aviación da época, deixou os seus descubrimentos no dominio público e sen rexistrar patentes.
A casa onde naceu Santos Dumont, situada no concello de Palmira (hoxe chamado Santos Dumont na súa honra), a 240 km de Belo Horizonte e 220 km de Río de Janeiro transformouse no Museo de Cabangu. Tamén hai un pequeno museo sobre a súa vida e as súas fazañas na cidade de Petrópolis, onde Dumont tiña unha casa.