Científico, científica
persoa que estuda as ciencias, que é especialista nalgunha ciencia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un científico,[1] nun xeito amplo, refírese a calquera persoa que realiza unha actividade sistemática para adquirir coñecemento ou un individuo que encaixa en prácticas e tradicións relacionadas con escolas de pensamento ou filosóficas. De xeito máis restrinxido, científico refírese a individuos que usan o método científico[2]. A persoa pode ser un experto nunha ou máis áreas da ciencia[3]. Estas liñas encaran o uso máis restrinxido da palabra.