obra intelectual que xa non ten dereitos de autoría From Wikipedia, the free encyclopedia
Por dominio público enténdese o conxunto de bens e dereitos de titularidade pública non posuídos de xeito privativo. Un exemplo é o consistente no espazo radioeléctrico, as augas terrestres, as continentais etc.
Outros ordenamentos xurídicos consideran que o dominio público está formado polos bens de titularidade comunitaria. Así, as comunidades de regantes, de pastos, de bosques etc.
Ademais, estase atopando dun tempo a esta parte que por Dominio Público enténdese aquilo que carece de dono. Esta acepción non é axeitada: o que non ten dono chámase Res nullius, 'cousa de ninguén', pero non dominio público porque se non ten dono pode ser apropiado por calquera.
Non obstante, o sentido que se lle dá a Dominio Público en relación a publicacións, escritos ou propiedade intelectual en xeral (por exemplo na Licenza de Documentación Libre GNU) é o de algo que calquera pode usar, sen poder converterse no dono, pois a propiedade corresponde á Humanidade de xeito incorporado.
Tamén neste senso, os textos son de dominio público pasados 50 anos da morte do autor, en concordancia coa convención de Berna, aínda que esta convención convenio recoñece o dereito ós países signatarios a ampliar o prazo da protección (en España é de 70 anos, 80 se o autor faleceu antes do 7 de decembro de 1987[1]).
Dominio público nestes casos adoita abreviarse, en inglés, como PD ('Public Domain').
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.