From Wikipedia, the free encyclopedia
Aida é unha ópera en catro actos do italiano Giuseppe Verdi. Estreouse na Ópera do Cairo o 24 de decembro de 1871 co gallo da inauguración do Canal de Suez.
Forma | Ópera |
---|---|
Actos e escenas | 4 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Antonio Ghislanzoni |
Fontes literarias | Baseado na versión francesa de Camille du Locle da historia proposta por Auguste Mariette[1] |
Estrea | 24 de decembro de 1871 |
Teatro da estrea | Khedivial Opera House |
Lugar da estrea | O Cairo |
Duración | 2 horas 15 minutos |
Música | |
Compositor | Giuseppe Verdi |
Personaxes | |
O libreto escribiuno Antonio Ghislanzoni partindo da obra de Auguste Mariette. Está ambientada en Menfis e en Tebas na época dos faraóns. Os principais personaxes son: faraón de Exipto (baixo), a súa filla Amneris (mezzosoprano), Aída, a escrava filla do rei etíope Amonastro (soprano), Radamés, xeneral exipcio (tenor), Ramphis, sumo sacerdote (baixo), Amonastro, rei de Etiopía e pai de Aída (barítono). É unha ópera da etapa final de Verdi, na que as diferenzas entre recitativos e arias vanse diluíndo, o que dalgún xeito o aproximará a Wagner.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.