A 93ª edición dos Óscar, presentada pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), galardoou os mellores filmes de 2020 estreados entre o 1 de xaneiro de 2020 e 28 de febreiro de 2021. A cerimonia de entrega dos premios celebrouse o 25 de abril de 2021 simultaneamente no Dolby Theatre e en Union Station dos Ánxeles (Estados Unidos). Orixinalmente prevista para o 28 de febreiro de 2021, a cerimonia tivo que ser adiada por dous meses por mor do impacto da pandemia de COVID-19 no cinema, o cal permitiu estender o período de elixibilidade dos filmes até o 28 de febreiro. Os criterios de admisión de candidatos xa foran previamente modificados para ter en conta os filmes orixinalmente pensados para a súa estrea nas salas de cinema que foron posteriormente lanzados en formatos de consumo doméstico. Esta foi a cuarta vez que os Premios da Academia foron aprazados, e foi a primeira, dende a 6ª edición dos Óscar, na que filmes con datas de estrea de diferentes anos compiten para a súa consideración na mesma cerimonia.[1] Os nomeados foron anunciados o 15 de marzo de 2021.[2]

Nomadland gañou tres premios, sendo o máis galardoado da noite, incluíndo o Óscar ó mellor filme.[3] The Father, Judas and the Black Messiah, Ma Rainey’s Black Bottom, Mank, Soul e Sound of Metal gañaron cadanseus dous premios. Druk, Colette, If Anything Happens I Love You, Minari. Historia da miña familia, My Octopus Teacher, Promising Young Woman, Tenet e Two Distant Strangers gañaron un premio.

Esta cerimonia foi a primeira dende a 78ª edición dos premios en 2006 que un filme non consegue máis de tres premios, e foi a primeira vez dende a 44ª edición dos premios en 1972, cando a cerimonia pechou co Óscar Honorífico para Charlie Chaplin, que a cerimonia non rematou co premio ó mellor filme (acabou cos de mellor actriz e actor).[4]

Foi a cerimonia dos Óscar con menos espectadores até a data, con 9,85 millóns de televidentes.[5]

Gañadores e nomeados

Chloé Zhao, mellor filme e mellor directora.
Frances McDormand, mellor filme e mellor actriz.
Anthony Hopkins, mellor actor.
Youn Yuh-jung, mellor actriz secundaria.
Daniel Kaluuya, mellor actor secundario.
Emerald Fennell, mellor guión orixinal.
Christopher Hampton, mellor guión adaptado.
Florian Zeller, mellor guión adaptado.
H.E.R., mellor banda sonora orixinal.
Tiara Thomas, mellor canción orixinal.
Pete Docter, mellor filme animado.
Dana Murray, mellor filme animado.
Thomas Vinterberg, mellor filme internacional.

Os nomeados da 93ª edición dos Óscar foron anunciados o 15 de marzo de 2021, nunha retransmisión global en directo a través da páxina oficial, presentados por Priyanka Chopra Jonas e Nick Jonas.[6][7]

Os gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letra grosa.

Máis información Mellor filme, Mellor director ...
Mellor filme Mellor director
Mellor actor Mellor actriz
Mellor actor secundario Mellor actriz secundaria
Mellor guión orixinal Mellor guión adaptado
  • The FatherChristopher Hampton e Florian Zeller
    • Borat Subsequent Moviefilm: Delivery of Prodigious Bribe to American Regime for Make Benefit Once Glorious Nation of KazakhstanSacha Baron Cohen, Anthony Hines, Dan Swimer, Peter Baynham, Erica Rivinoja, Dan Mazer, Jena Friedman e Lee Kern
    • NomadlandChloé Zhao
    • One Night in Miami...Kemp Powers
    • The White TigerRamin Bahrani
Mellor filme de animación Mellor filme internacional
  • SoulPete Docter e Dana Murray
    • OnwardDan Scanlon e Kori Rae
    • Over the MoonGlen Keane, Gennie Rin e Peilin Chou
    • A Shaun the Sheep Movie: Farmageddon – Richard Phelan, Will Becher e Paul Kewley
    • WolfwalkersTomm Moore, Ross Stewart, Paul Young e Stéphan Roelants
Mellor documental Mellor curtametraxe documental
  • My Octopus Teacher – Pippa Ehrlich, James Reed e Craig Foster
    • Colectiv – Alexander Nanau e Bianca Oana
    • Crip Camp Nicole Newnham, Jim LeBrecht e Sara Bolder
    • El agente topo Maite Alberdi e Marcela Santibáñez
    • Time Garrett Bradley, Lauren Domino e Kellen Quinn
  • ColetteAnthony Giacchino e Alice Doyard
    • A Concerto Is a ConversationBen Proudfoot e Kris Bowers
    • Do Not Split – Anders Hammer e Charlotte Cook
    • Hunger Ward – Skye Fitzgerald e Michael Shueuerman
    • A Love Song for Latasha – Sophia Nahali Allison e Janice Duncan
Mellor curtametraxe de acción en vivo Mellor curtametraxe animada
  • Two Distant StrangersTravon Free e Martin Desmond Roe
    • Feeling Through – Doug Roland e Susan Ruzenski
    • The Letter RoomElvira Lind e Sofia Sondervan
    • The PresentFarah Nabulsi
    • White Eye – Tomer Shushan e Shira Hochman
  • If Anything Happens I Love YouWill McCormack e Michael Govier
    • Burrow – Madeline Sharafian e Michael Capbarat
    • Genius Loci – Adrien Mérigeau e Amaury Ovise
    • Opera – Erick Oh
    • Yes-People – Gísli Darri Halldórsson e Arnar Gunnarsson
Mellor banda sonora Mellor canción orixinal
  • "Fight for You" en Judas and the Black Messiah – Música de H.E.R. e Dernst Emile II; letra de H.E.R. e Tiara Thomas
    • "Hear My Voice" en The Trial of the Chicago 7 – Música de Daniel Pemberton; letra de Daniel Pemberton e Celeste Waite
    • "Husavik" en Eurovision Song Contest: The Story of Fire Saga – Música e letra de Savan Kotecha, Fat Max Gsus e Rickard Göransson
    • "Io Sì (Seen)" en The Life Ahead – Música de Diane Warren; letra de Diane Warren e Laura Pausini
    • "Speak Now" en One Night in Miami... – Música e letra por Leslie Odom Jr. e Sam Ashworth
Mellor deseño de produción Mellor fotografía
  • MankDonald Graham Burt e Jan Pascale
    • The Father – Peter Francis e Cathy Featherstone
    • Ma Rainey's Black Bottom – Mark Ricker, Karen O'Hara e Diana Sroughton
    • News of the WorldDavid Crank e Elizabeth Keenan
    • TenetNathan Crowley e Kathy Lucas
Mellor maquillaxe Mellor deseño de vestiario
  • Ma Rainey's Black Bottom – Sergio Lopez-Rivera, Mia Neal e Jamika Wilson
    • Emma. – Marese Langan, Laura Allen e Claudia Stolze
    • Hillbilly Elegy – Eryn Krueger Mekash, Patricia Dehaney e Matthew Mungle
    • Mank – Gigi Williams, Kimberley Spiteri e Colleen LaBaff
    • Pinocchio – Dalia Colli, Mark Coulier e Francesco Pegoretti
  • Ma Rainey’s Black Bottom Ann Roth
    • Emma. Alexandra Byrne
    • Mank – Trish Summerville
    • Mulan – Bina Daigeler
    • Pinocchio – Massimo Cantini Parrini
Mellor son Mellor montaxe
  • Sound of Metal – Nicolas Becker, Jaime Baksht, Michelle Couttolenc, Carlos Cortes e Philip Bladh
    • Greyhound – Warren Shaw, Michael Minkler, Beau Borders e David Wyman
    • MankRen Klyce, Jeremy Molod, David Parker, Nathan Nance e Drew Kunin
    • News of the WorldOliver Tarney, Mike Prestwood Smith, William Miller e John Pritchett
    • SoulRen Klyce, Coya Elliot e David Parker
Mellores efectos visuais
  • Tenet – Andrew Jackson, David Lee, Andrew Lockley e Scott Fisher
    • Love and Monsters – Matt Sloan, Genevieve Camailleri, Matt Everitt e Brian Cox
    • The Midnight Sky – Matthew Kasmir, Christopher Lawren, Max Solomon e David Watkins
    • MulanSean Faden, Anders Langlands, Seth Maury e Steven Ingram
    • The One and Only Ivan – Nick Davis, Greg Fisher, Ben Jones e Santiago Colomo Martinez
Pechar

Premios de honra

Premio Humanitario Jean Hersholt

  • Tyler Perry
  • Motion Picture & Television Fund
Predecesor:
92ª edición dos Óscar
Premios Óscar
93ª edición dos Óscar
Sucesor:
94ª edición dos Óscar

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.