actor británico From Wikipedia, the free encyclopedia
Daniel Kaluuya, nado en Londres o 24 de febreiro de 1989,[1] é un actor inglés.
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de febreiro de 1989 (35 anos) Londres, Reino Unido |
Residencia | West London (en) |
Educación | St Aloysius' College (en) (valor descoñecido–) The Camden School for Girls (en) Anna Scher Theatre (en) St Aloysius RC College (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Produción de cinema |
Ocupación | humorista, actor de televisión, actor, presentador de televisión, actor de cinema, actor de teatro, guionista |
Período de actividade | 2006 - |
Premios | |
| |
|
Kaluuya naceu en Londres de pais de Uganda. A súa nai,[2][3] criouno nunha vivenda municipal de Camden Town, xunto cunha irmá máis vella. O seu pai vivía en Uganda e non tiveron contacto con el ata que cumpriu quince anos.[4] Kaluuya asistiu á Torriano Primary School[5] e ao St Aloysius College, Londres.[3]
Escribiu a súa primeira obra de teatro aos nove anos e posteriormente comezou a súa carreira na adolescencia no teatro improvisado.[6] Posteriormente interpretou a Posh Kenneth nas dúás primeira temporadas da serie Skins, da que tamén coescribiu algúns episodios.[7] Kaluuya foi especialmente eloxiado pola súa actuación en Sucker Punch no Royal Court Theatre de Londres e gañou o Evening Standard Award e o Critics' Circle Theatre Award ao mellor debutante.[8] En 2018, recibiu tamén o BAFTA Rising Star Award.
A finais da década de 2000 e principios da de 2010, destacou polas súas interpretacións de Michael "Tealeaf" Fry na serie de comedia negra da BBC Psychoville, de Michael "Mac" Armstrong na serie de terror de BBC Three The Fades e de Bingham "Bing" Madsen no episodio de Black Mirror "Fifteen Million Merits".[9] Apareceu como o axente Colin Tucker no filme de espías cómico Johnny English Reborn (2011) e como Black Death in no filme de superheroes Kick-Ass 2 (2013). En 2015, tivo un papel secundario no suspense de Denis Villeneuve Sicario.
En 2017, Kaluuya realizou o seu papel revelación ao protagonizar o filme de terror de Jordan Peele Déixame saír, que lle valeu unha candidatura ao Óscar ao mellor actor.[10] A este seguírono o filme de superheroes de Ryan Coogler Black Panther (2018), Widows (2018), de Steve McQueen, e Queen e Slim (2019), de Melina Matsoukas. Pola súa interpretación do líder do Panteras Negras Fred Hampton en Judas and the Black Messiah (2021), gañou o Óscar, o Globo de Ouro, o Critics' Choice Movie Award, o Screen Actors Guild Award e o BAFTA ao mellor actor secundario.
Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
2006 | Shoot the Messenger | Reece | |
2008 | Cass | Young Cass Pennant | |
2010 | Chatroom | Mo | |
2011 | Johnny English Reborn | Agent Colin Tucker | |
2013 | Welcome to the Punch | Juka Ogadowa | |
Kick-Ass 2 | Black Death | ||
2015 | Sicario | Reggie Wayne | |
2017 | Déixame saír | Chris Washington | |
2018 | Black Panther | W'Kabi | |
Widows | Jatemme Manning | ||
2019 | Queen e Slim | Slim | |
2020 | A Christmas Carol | Ghost of Christmas Present (voz) | |
2021 | Judas and the Black Messiah | Fred Hampton | |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.