1638 - En Gran Bretaña, o rei Carlos I de Inglaterra pretende impoñer, xunto co arcebispo Laud, aos escoceses a nova liturxia baseada no Book of Common Prayer inglés.
1844 - Unha bomba estala no barco Princeton, mentres facía travesía no río Potomac, e mata dous membros do Consello dos Estados Unidos e a outros máis.
1848 - Segunda revolución francesa; Proclamación oficial da República.
1849 - Comeza o primeiro servizo regular coa chegada do buque California desde o porto de Nova York até a Baía de San Francisco, despois dunha viaxe de 4 meses e 21 días.
1947 - Protestas populares, iniciadas o día anterior en Taipei (Taiwán) polo asasinato de dúas persoas; os graves disturbios foron afogados en sangue polo Exército, que matou decenas de miles de manifestantes.
1951 - Caída do Goberno de René Pleven en Francia.
1986 - O Goberno Brasileiro aplica o "Plan Tropical" que supón a conxelación dos prezos e dos salarios.
1988 - Graves disturbios en Acerbaixán, en resposta ás manifestacións da Armenia soviética, que reclaman a anexión dun enclave armenio cristián no Acerbaixán musulmán.
1989 - Israel: Forte avance do Likud de Shamir e retroceso dos laboristas nas eleccións municipais.
1990 - Apróbase na URSS a lexislación que permite e regula a propiedade privada da terra e a súa transmisión por herdanza.
1994 - Dous cazas estadounidenses abaten catro avións serbios sobre o espazo de exclusión aérea de Bosnia e Hercegovina, na primeira misión militar da OTAN.
1995 - México: Aprobado o documento "Iniciativa da lei para o diálogo, a conciliación e a paz digna en Chiapas".
1996 - Morren 29 persoas e outras 18 resultan feridas nun accidente ocorrido na N-323, no termo municipal de Bailén (Provincia de Xaén), ao chocaren frontalmente un coche e un autocar.
1997 - O foguete europeo Ariane pon en órbita o satélite INTELSAT-801.
2002 - Desaparecen definitivamente as moedas nacionais de doce países da UE e o euro convértese na única divisa de curso legal.