asteroide From Wikipedia, the free encyclopedia
101955 Bennu é un asteroide próximo á Terra duns 490 metros de diámetro e unha masa de 6 × 1010 kg.[3] O seu achegamento máximo ó Sol (perihelio) está na parte interior da órbita da Terra e o seu afastamento máximo (afelio) chega case á órbita de Marte. Con todo, non intercepta a órbita da Terra debido a que a órbita do asteroide está noutro plano orbital. Está clasificado como un asteroide Apolo[2] (asteroides con órbitas próximas á órbita da Terra).
Descubrimento e clasificación | |
---|---|
Descuberto por | Linear |
Descuberto o | 11-09-1999 |
Categoría no Mpc | Apolo, potencialmente perigoso |
Designación provisional | 1999 RQ36 |
Características orbitais | |
Época= 2455562,5 (31-07-2015) TDB[1] | |
Afelio | 1.356 UA |
Perihelio | 0.8969 UA |
Eixo semi-maior | 1.126 UA |
Excentricidade | 0.2037 |
Período orbital | 436.6 días |
Velocidade orbital | 28.0 km/s |
Inclinación orbital | 6.035 ° |
Anomalía media | 101.7 ° |
Lonxitude do nodo ascendente | 2.061 ° |
Argumento do periastro | 66.22 ° |
Características físicas | |
Diámetro | 490 m |
Magnitude absoluta | 20.812 |
Órbita do asteroide 101955 Bennu comparada coa dos planetas interiores, onde se mostra a posición do asteroide en novembro de 2015.[2] |
Este asteroide foi seleccionado para ser visitado pola sonda espacial OSIRIS-REx no ano 2018 (o seu lanzamento foi o 8 de setembro de 2016). Esta sonda recollerá mostras de po do asteroide cun brazo robótico e transportaraas á Terra. Estímase que poderá recoller máis de 60 gramos. A recollida de mostras producirase no ano 2020 e o regreso á Terra coas mostras será no 2023.[4]
Bennu foi descuberto polo equipo do Lincoln Near-Earth Asteroid Research dende Socorro, Novo México, Estados Unidos, o 11 de setembro de 1999.[1] Recibiu orixinalmente a designación 1999 RQ36. Cando se seleccionou como destino da sonda espacial, a Sociedade Planetaria fixo un concurso para poñerlle nome. O concurso gañouno un neno de nove anos que suxeriu o nome Bennu, un paxaro asociado ó deus exipcio Osiris.[5]
Bennu orbita a unha distancia media de 1 126 UA do Sol, podendo achegarse ata 0.8969 UA e afastarse ata 1 356 UA. Ten unha excentricidade de 0.2037 e unha inclinación orbital de 6.035 graos. Emprega en completar unha órbita arredor do Sol 436.6 días. O movemento de Bennu sobre o fondo estelar é de 0.8245 graos por día.[1]
Bennu é un dos asteroides potencialmente perigosos.[1]
A magnitude absoluta de Bennu é 20.9 e o período de rotación de 4.276 horas.[1][6]
O asteroide é unha acumulación de entullos de diferentes tamaños. Pequenos croios saen despedidos do asteroide dende o seu ecuador, regresando á superficie, mais algúns quedan en órbita. Esta observación efectuouna a sonda OSIRIS-REx o 19 de xaneiro de 2019. A causa deste fenómeno radica na baixa gravidade, sumada á rápida rotación, polo que un croio pode poñerse en órbita adquirindo unha velocidade baixa, por exemplo, rodando por unha das súas ladeiras (a atracción gravitacional na superficie do asteroide é de tan só 8 millonésimas de g nos polos pero no ecuador, debido á rápida rotación, a atracción redúcese a 3 millonésimas de g).[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.