Os ácidos graxos omega-6 (tamén chamados ácidos graxos ω−6 ou ácidos graxos n−6) son unha familia de ácidos graxos poliinsaturados que teñen en común posuír un dobre enlace entre carbonos na posición n−6, é dicir, o sesto enlace contando desde o metilo final da cadea do ácido graxo. [2] A denominación omega (ω) indica que se empeza a contar desde o final da cadea, xa que é a última letra do alfabeto grego (ver Ácido graxo#Nomenclatura e numeración).

Thumb
Numeración dos carbonos dos ácidos graxos; neste caso nun ácido graxo de 18 carbonos. Os números sistemáticos (IUPAC) C-x están en azul. A notación omega "ω−x" está en vermello. A notación con letras gregas está en verde.[1]

Os principais ácidos graxos omega-6 son o ácido linoleico, o ácido gamma-linolénico e o ácido araquidónico. A fonte principal de ácidos graxos omega-6 son os aceites vexetais.[3] Considéranse bos para a saúde, xa que reducen o colesterol total.[4]

Efectos sobre a saúde

Unha revisión atopou que un incremento da inxesta de ácidos graxos omega-6 reduce o colesterol sérico total e pode reducir o risco de infarto de miocardio (ataque ao corazón). Nesa revisión non se atopou un cambio significativo no colesterol LDL nin de triglicéridos.[4] Outra revisión de 2021 atopou que os suplementos de omega-6 non afectan o risco de ter morbilidade ou mortalidade por enfermidade cardiovascular.[5]

Lista de ácidos graxos omega-6

Thumb
Estrutura química do ácido linoleico, un ácido graxo omega-6 común atopado en moitos froitos secos, sementes e aceites vexetais.
Thumb
Ácido gamma-linolénico,[6] un ácido graxo omega-6.
Máis información Nome común, Fórmula lipídica ...
Nome común Fórmula lipídica Nome químico
Ácido linoleico (LA) 18:2 (n−6) Ácido todo-cis-9,12-octadecadienoico
Ácido gamma-linolénico (GLA) 18:3 (n−6) Ácido todo-cis-6,9,12-octadecatrienoico
Ácido caléndico 18:3 (n−6) Ácido 8E,10E,12Z-octadecatrienoico
Ácido eicosadienoico 20:2 (n−6) Ácido todo-cis-11,14-eicosadienoico
Ácido dihomo-gamma-linolénico (DGLA) 20:3 (n−6) Ácido todo-cis-8,11,14-eicosatrienoico
Ácido araquidónico (AA, ARA) 20:4 (n−6) Ácido todo-cis-5,8,11,14-eicosatetraenoico
Ácido docosadienoico 22:2 (n−6) Ácido todo-cis-13,16-docosadienoico
Ácido adrénico 22:4 (n−6) Ácido all-cis-7,10,13,16-docosatetraenoico
Ácido de Osbond 22:5 (n−6) Ácido todo-cis-4,7,10,13,16-docosapentaenoico
Ácido tetracosatetraenoico 24:4 (n−6) Ácido todo-cis-9,12,15,18-tetracosatetraenoico
Ácido tetracosapentaenoico 24:5 (n−6) Ácido todo-cis-6,9,12,15,18-tetracosapentaenoico
Pechar

O punto de fusión dos ácidos graxos increméntase confoirme aumenta o número de carbonos da súa cadea.[7]

Aceites vexetais con omega-6

Os aceites vexetais son a principal fonte de ácido gamma-linolénico omega-6. En todo o mundo extráense máis de 100 millóns de toneladas métricas de aceites vexetais ao ano procedentes dos froitos da palma, sementes de soia, sementes de colza e sementes de xirasol, que proporcionan máis de 32 millóns de toneladas métricas de ácido linoleico omega-6 e 4 millóns de toneladas métricas de ácido alfa-linolénico omega-3. O aceite de oliva virxe extra ten un 9,8% de ácido linoleico (omega-6).[8][9][10]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.