![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/17/L-Glutamic-acid-zwitterion-3D-balls.png/640px-L-Glutamic-acid-zwitterion-3D-balls.png&w=640&q=50)
Ácido glutámico
From Wikipedia, the free encyclopedia
O ácido glutámico (abreviadamente Glu ou E) é un α-aminoácido que forma parte das proteínas, polo que é un aminoácido proteinoxénico. A súa cadea lateral é CH2-CH2-COOH, polo que leva un grupo carboxilo e ten carácter ácido. O grupo -COOH da súa cadea lateral ten un pKa de 4,1, polo que está desprotonado e cargado negativamente a pH fisiolóxico (entre 7,35 e 7,45). Cando está en forma de anión carboxilato (-COO- na cadea lateral) ou de sales recibe o nome de glutamato. O ácido glutámico tamén se chama ácido 2-aminopentanodioico.
Ácido glutámico | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Ácido 2-aminopentanedioico | |
Outros nomes Ácido 2-aminoglutárico | |
Identificadores | |
Número CAS | 617-65-2 |
ChemSpider | 591 |
UNII | 61LJO5I15S |
KEGG | D04341 |
ChEBI | CHEBI:18237 |
ChEMBL | CHEMBL276389 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C5H9NO4 |
Masa molar | 147,13 g mol−1 |
Aspecto | po branco cristalino |
Densidade | 1,4601 (20 °C) |
Punto de fusión | 199 °C descomp. |
Solubilidade en auga | 8,64 g/l (25 °C) [1] |
Solubilidade | 0,00035g/100g etanol 25 °C [2] |
Acidez (pKa) | 2.1, 4.07, 9.47 [3] |
Perigosidade | |
NFPA 704 | |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2a/Glu_miguelferig.jpg/320px-Glu_miguelferig.jpg)
Os seus codóns son GAA e GAG. Non é un aminoácido esencial, polo que non hai que consumilo na dieta. No sistema nervioso o glutamato funciona como un importante neurotransmisor, que intervén na chamada potenciación a longo prazo e é importante para os procesos da aprendizaxe e memoria.[4]
Foi descuberto e identificado en 1866 polo químico alemán Karl Heinrich Leopold Ritthausen. En 1907 foi cristalizado no Xapón por Kikunae Ikeda, que se decatou das súas propiedades como saborizante que reproducía o sabor que el mesmo denominou umami, e patentou un método para producir cristais de glutamato monosódico.[5][6]