![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b5/Carboxylic-acid.svg/langgl-640px-Carboxylic-acid.svg.png&w=640&q=50)
Ácido carboxílico
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os ácidos carboxílicos son un tipo de compostos caracterizados por levaren o grupo funcional carboxilo ou carboxi (–COOH ou -C(=O)OH). Este grupo está formado por un grupo carbonilo (C=O) e un grupo hidroxilo (-OH) unido ao mesmo carbono. Os ácidos carboxílicos poden representarse por R-COOH [1]. Os máis pequenos son o ácido fórmico (H-COOH) e o ácido acético (CH3-COOH), pero poden ter cadeas carbonadas moi longas, como as dalgúns ácidos graxos.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b5/Carboxylic-acid.svg/640px-Carboxylic-acid.svg.png)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f6/Carboxylate-resonance-hybrid.svg/320px-Carboxylate-resonance-hybrid.svg.png)
Ás veces ácido carboxílico tómase como sinónimo de ácido orgánico, pero isto non é de todo exacto, xa que o termo ácido orgánico é máis amplo. A maioría dos ácidos orgánicos son carboxílicos, pero tamén o son os ácidos sulfónicos, ácido úrico ou outros compostos con grupos desprotonables.
Os ácidos carboxílicos compórtanse como ácidos de Brønsted-Lowry porque son doantes de protóns, ao poderen desprotonizar o grupo OH do seu carboxilo. Os ácidos carboxílicos poden ter un só gupo COOH e denomínanse monocarboxílicos, ou poden ter dous grupos COOH e serían ácidos dicarboxílicos, e se teñen 3 COOH son ácidos tricarboxílicos, como o ácido cítrico etc. O ácido melítico é hexacarboxílico.
Os sales e ésteres dos ácidos carboxílicos denomínanse carboxilatos. Cando un grupo carboxilo se desprotona á súa base conxugada, fórmase un anión carboxilato. En certas circunstancias os grupos carboxilo poden descarboxilarse liberando dióxido de carbono.