alto

From Wiktionary, the free dictionary

alto1

Adverbio

alto

  1. A moita distancia, considerada en dirección vertical, do chan ou doutra superficie.


  1. [Emitir son] con moita intensidade.
    • Exemplo: Fala máis alto.


Adxectivo

alto (ms: alto; mpl: altos; fs: alta; fpl: altas)

  1. Que está a moita distancia, considerada en dirección vertical, do chan ou doutra superficie.
    • Exemplo: Non podo colle-las uvas, están moi altas.


    • Sinónimos: elevado.
    • Antónimos: baixo.
  1. Que ten grande a dimensión vertical.


    • Sinónimos: elevado.
    • Antónimos: baixo.
  1. Que está a un nivel bastante superior ó da media ou ó que é normal e ordinario.


    • Sinónimos: elevado.
    • Antónimos: baixo.
  1. Dirixido cara ó ceo.
    • Exemplo: A súa mirada sempre alta.


  1. [Son] de moita intensidade.


  1. De moita importancia ou categoría.


  1. [Río] na parte próxima ó seu nacemento.


    • Observacións: Colócase xeralmente diante do substantivo ó que acompaña.
    • Antónimos: baixo.
  1. Próximo ó nacemento, principio ou orixe [dunha época histórica, do desenvolvemento dunha lingua, etc.].
    • Exemplo: A alta idade media.
      O alto alemán.


    • Observacións: Colócase xeralmente diante do substantivo.
  1. [Estación ou temporada turística] en que hai máis afluencia de xente.
    • Exemplo: En temporada alta non me gusta ir de viaxe.


  1. (Música) Que ten unha alta frecuencia de vibracións.
    • Exemplo: Este piano non as notas altas.


Traducións

Substantivo masculino

alto (sg: alto; pl: altos)

  1. Dimensión vertical [dun corpo].


  1. Lugar elevado sobre a superficie da terra.


  1. Parte máis alta [dunha cousa].


  1. (Música) Son que ten unha baixa frecuencia de vibracións.

Termos relacionados

Substantivo

alto

  1. Corpo.

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.