composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
O ácido vaccénico (do latín vacca, vaca[1]) é un ácido graxo omega-7. É un ácido graxo trans natural, que se encontra na graxa dos ruminantes e en produtos lácteos como leite, manteiga, e iogur.[2] Tamén é o ácido graxo trans predominante do leite humano.[3][4]
Ácido vaccénico | |
---|---|
Ácido (E)-octadec-11-enoico | |
Identificadores | |
Número CAS | 693-72-1 |
PubChem | 5281127 |
ChemSpider | 4444571 |
ChEBI | CHEBI:28727 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C18H34O2 |
Masa molecular | 282,461 g/mol |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O seu nome IUPAC é ácido (E)-11-octadecenoico, e a súa denominación abreviada é 18:1 trans-11.[1]
Foi descuberto en 1928 en graxas animais e na manteiga. É o principal isómero de ácido graxo trans das graxas lácteas.[1] Os mamíferos convérteno en ácido ruménico, un ácido linolénico conxugado,[5][6] con posibles propiedades anticanceríxenas.[7]
O estereoisómero, ácido cis-vaccénico (ou ácido (Z)-11-octadecenoico, ou 18:1 cis-11), é un ácido graxo omega-7 que se encontra no aceite da planta elaeagnácea Hippophae rhamnoides.[8]
Un estudo de 2008 da Universidade de Alberta suxeriu que a alimentación de ratas con ácido vaccénico durante 16 semanas causou unha diminución dos niveis de colesterol total, de LDL e de triglicéridos. Os investigadores están preparando novas investigacións, que incluirán ensaios clínicos en humanos.[9]
O ácido vaccénico tamén se encontra no córtex orbitofrontal de pacientes humanos con trastorno bipolar e esquizofrenia.[10][11]
A oxidación de ácidos graxos insaturados omega-7 na superficie da pel, como son os ácidos vaccénico e palmitoleico, pode ser a causa do fenómeno coñecido como cheiro a persoa vella.[12]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.