From Wikipedia, the free encyclopedia
Os zigópteros[1] ou cigópteros[2] (Zygoptera) son unha suborde da orde Odonata, que comprende os cabalos do demo[3]. Diferéncianse doutros odonatos porque as súas ás en descanso alíñanse xunto ao abdome, os dous pares de ás son iguais e os ollos están considerablemente separados.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Zigópteros | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Enallagma cyathigerum | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Superfamilias e familias | |||||||||||
|
Os zigópteros, como o resto de odonatos, son hemimetábolos (metamorfose incompleta) e o seu estadio ninfal é acuático. A femia pon ovos na auga, ás veces na vexetación mergullada, ou no alto en árbores, en cavidades que reciben auga de choiva. As ninfas son carnívoras, comendo larvas de mosquitos, Daphnia, e outros organismos acuáticos.
As branquias das ninfas son grandes e externas, ao final do abdome. Despois dun tempo importante na metamorfose, o adulto emerxe e come moscas, mosquitos, e outros insectos pequenos. Algunhas especies tropicais grandes aliméntanse de arañas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.