From Wikipedia, the free encyclopedia
Xuíz Honorario é un recoñecemento que fai a Asociación de Amigos do Couto Mixto que dende o ano 2000 nomea anualmente tres xuíces honorarios nun acto público que se celebra na igrexa de Santiago, dos Mixtos, capital do Couto Mixto.
A Asociación de Amigos do Couto Mixto, constituída en 1992, vén traballando coa finalidade de recuperar a súa memoria histórica. Entre outras, forman parte desta asociación persoeiros da cultura galega como Luís García Mañá, Bieito Ledo Cabido, Xesús Ferro Ruibal, Xosé González Martínez ou Antón Pulido.
No ano 2000 acorda o recoñecemento como Xuíz Honorario do Couto Mixto, aos que se signifiquen na labor cultural, etnográfica e na defensa e promoción deste territorio arraiano. Tamén para lembrar á figura que rexía os destinos daquel territorio, coa súa peculiar autonomía.
Os habitantes do Couto tiñan o privilexio do autogoberno, mediante a elección dun Xuíz ou Alcalde polas cabezas de familia das tres aldeas, elección celebrada no inverno cada tres anos. Este Xuíz exercía as funcións gobernativas, administrativas e xudiciais fronte a delitos cometidos dentro dos límites do Couto. Alén diso, había a posibilidade de tomar acordos en concello aberto por tódolos veciños e podían empregar o dereito de revogación para mudar os representantes electos antes do final do seu mandato se se detectaba un mal desempeño das funcións para as que foron elixidos.
Delfín Modesto Brandón foi o derradeiro xuíz do Couto Mixto.
Asumiu o cargo de Xuíz en xaneiro de 1863, sendo elixido para pór fin ós abusos continuos e violacións da soberanía por parte das autoridades portuguesas e españolas. Renunciou ó cargo cando a partición e anexión do territorio era inminente. Foi seguido por un último Xuíz, que rematou o seu mandato coa partición e anexión formal do territorio, entre España e o Reino de Portugal, o 23 de xuño de 1868.
Publicou as súas memorias, en castelán, no 1907, co título: Interesante Historieta del Coto Mixto[1].
Dende o ano 2000, esta Asociación nomea anualmente tres xuíces honorarios entre as personalidades ou organizacións que destaquen no seu labor cultural e etnográfico. Aos nomeados entréganlle simbolicamente unha chave, que lembra a que portaban os homes de acordo, un bastón, que simboliza o mando, e un diploma acreditativo.
Os actos de entrega comezan cun pasa rúas pola aldea de Santiago dos Mixtos das persoas ou institucións recoñecidas ese ano. Nesa data, significada para a veciñanza, engalánanse os corredores, balcóns e fiestras das casas con antigas colchas tecidas artesanalmente, o que lle dá un colorido e distinción especial á celebración.
A comitiva chega ao adro da Igrexa, onde é recibida polo público asistente. Dentro da igrexa ten lugar o lectura da acta da Asociación de Amigos do Couto Mixto onde se recollen os motivos dos merecentes da distinción dese ano. Recibida a Chave, o Bastón e o Diploma, a persoa distinguida diríxese aos membros da Asociación e ao público. Remata esta primeira parte dos actos coa chamada polo nome, parte do Presidente da Asociación, aos tres Homes de Acordo que a viva voz din Presente e diríxense ata a Arca das tres chaves, onde, cada un, insire a súa chave. Aberta a Arca, deposítase a acta da Asociación, os discursos dos homenaxeados e os libros publicados relacionados co Couto Mixto, se os houbera, e finalmente péchase a arca polos tres Homes de Acordo.
Fóra, no adro da igrexa, lugar onde se reunía o Goberno do Couto Mixto, en concello aberto, ao pé da escultura de Delfín Modesto Brandón, faise unha ofrenda floral á súa memoria e pronúnciase algún discurso, e nos últimos anos unha representación teatral relacionada coa figura do derradeiro xuíz do Couto Mixto.
Remata a xornada cunha fraternal comida o aire libre nas inmediacións da igrexa.
# | Ano | Nome | Actividade |
---|---|---|---|
1 | 2000 | Xosé Manuel Cid Fernández[2] Bento da Cruz Universidade de Tras-Os-Montes e Alto Douro | Pedagogo e escritor Escritor Pola divulgación do Couto Mixto |
2 | 2001[3] | Francisco Fernández del Riego Luís García Mañá Ramón García Rivero | Escritor e académico Escritor Crego de Santiago de Rubias e valedor da identidade do Couto Mixto |
3 | 2002 | Constantino García González Xosé González Martínez Antonio López Martínez | Escritor Político e intelectual Político |
4 | 2003 | Non se atoparon datos | |
5 | 2004 | Antón Riveiro Coello Xosé Benito Reza Cesáreo González Veloso[4] | Escritor Escrito e político Home de acordo do Couto Mixto |
6 | 2005 | Francisco Campos Álvaro López Mira Xosé López Añel | Xornalista Profesor da Universidade de Vigo Home de acordo do Couto Mixto |
7 | 2006 | Carlos Varela García Alfonso Sobrado Palomares Sergio Álvarez Álvarez | Fiscal Superior de Galicia Escritor e político Home de acordo do Couto Mixto |
8 | 2007[5][6][7] | Miguel Blanco Grande Laura Seara Sobrado Alberto Fidalgo Francisco Máximo Salinas Valencia | Crego do Couto Mixto Política Político Catedrático da Universidade de Santiago |
9 | 2008[8][9][10] | Celso Delgado Arce COREN Xosé Luís Méndez Romeu | Político Empresa Político |
10 | 2009[11] | Gonzalo Jar Couselo[12] Antonio Loroureço Fontes José Rodríguez Cruz | Xeneral da Garda Civil Crego arraiano Escritor |
11 | 2010 | María do Ceo[13] Xosé Luís Méndez Ferrín Miguel A. González García | Cantante Escritor Arquiveiro |
12 | 2011[14] | Paula Godinho Antonio Rodríguez Colmenero Xosé Badás | Escritora Arqueólogo Defensor da cultura arraiana |
13 | 2012 | Carlos Núñez Cámara Municipal de Chaves Concello de Verín Xosé Antón Gómez Segade | Gaiteiro Cámara Municipal Concello Arraiano de cerna |
14 | 2013[15][16] | Xesús Vázquez Abad Ponte nas ondas | Político Dinamización cultural |
15 | 2014[17] | Eixo Atlántico[18] Escola Superior Universitaria Xosé María Eguileta Franco | Entidade Escola Arqueólogo |
16 | 2015[19][20][21] | Cámara Municipal de Vilanova de Cerveira Concello de Tomiño Asunción Sanz Ferreiro José Lamela Bautista | Cámara Municipal Concello Mestra Escritor e político |
17 | 2016[22][23][24][25] | Eurocidade Valença-Tui Asociación Galego-Portuguesa de Profesores pola Paz 2nafronteira | Entidade Asociación Grupo musical |
18 | 2017[26][27][28] | Valentín García Gómez Alejandro Rubín Carballo Augusto Domíngues e Arturo Grandal | Político Empresario Alcaldes de la eurocidade Monçao - Salvatierra de Miño |
19 | 2018[29][30][31] | Cambedo Soutelinho Lamadarcos | Freiguesía Freiguesía Freiguesía |
20 | 2019[32][33][34][35] | Mercedes Vázquez Saavedra Suso Díaz[36] Manuel Batista Calçada Pombal[37] | Etnóloga e fotógrafa Poeta Presidente da Cámara Municipal de Melgaço |
## | 2020 | (Non se entregaron debido á pandemia de coronavirus). | |
## | 2021 | (Non se entregaron debido á pandemia de coronavirus). | |
21 | 2022[38][39] | Consuelo Castro Rei Armando González López Diana Gonçalves | Avogada do estado Compositor do himno do Couto Mixto Cineasta |
22 | 2023[40][41] | Fernando Venâncio Ángeles Huerta González Mario García Gómez | Escritor Cineasta Político catalán de orixe galega |
23 | 2024[42][43] | Felipe Lubián Lubián Celso Ferreira Fernández Helena Pousa | Alcalde Artesán Etnógrafa |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.