político e impresor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Xoán Noya Gil, nado na Guarda o 22 de xaneiro de 1900 e finado no mesmo concello o 19 de decembro de 1989,[1] foi un futbolista, político e impresor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de xaneiro de 1900 A Guarda, España |
Morte | 19 de decembro de 1989 (89 anos) A Guarda, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, político, futbolista |
Familia | |
Fillos | Rodolfo Noya Domínguez, Luís Noya |
Na súa xuventude foi futbolista, militou no Racing de Tui, foi capitán do Club Deportivo Guardés, co que competiu no Campionato de Galicia, e impulsou a construción do Estadio Troncoso na Guarda.[2][3]
Fundou a Sociedade Obreira da Guarda, da que foi secretario, e o semanario Nuevo Heraldo, desde onde defendeu o agrarismo. Coa chegada da Segunda República formou parte da Comisión Xestora municipal, integrouse no Partido Galeguista e en 1936 foi tenente de alcalde. Dous anos antes fundara unha imprenta, na que se imprimiu La Zarpa, de Basilio Álvarez, e que foi incautada durante a guerra civil.[4]
Perseguido polo franquismo, estivo agochado e foi condenado a pena de morte, conmutada despois por unha pena de cárcere de 30 anos, rebaixada logo a cinco, dos que cumpriu finalmente dous, nas prisións de Vigo e Pontevedra. O seu irmán Manuel Noya Gil foi asasinado en agosto de 1936. En 1945 fóronlle devolta as máquinas da imprenta incautadas anos atrás e creou a imprenta Gráficas Numen en Vigo.[4] Con todo, os problemas económicos da familia obrigárono a emigrar a Venezuela xunto aos seus fillos Luís, Óscar e Rodolfo.
Foi representante do Lar Gallego de Caracas en Vigo e en 1956 foi elixido presidente tras a fusión co Centro Gallego.[6] Publicou en Caracas as súas memorias en 1976 co título Fuxidos. Memorias de un republicano gallego perseguido por el franquismo.
Ao seu regreso a Galicia foi elixido presidente do PSOE da Guarda en 1982. Tamén mercou os terreos que ocupaba a fosa común onde foran fusilados e soterrados os presos do Campo de concentración de Camposancos, e promoveu a construción dun monumento na súa memoria.[7] Foi soterrado a carón da fosa común o 21 de decembro de 1988, trala súa morte dous días antes.[8]
Casou con Dolores Domínguez Pacheco e tiveron varios fillos: Luis, Rodolfo, Óscar, Olga e Violeta.[9][10] Un dos seus netos, Cheché Vidal, foi futbolista internacional coa selección de Venezuela.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.