From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Xogos Europeos de 2015 tamén denominados Bacú 2015 foron a edición inaugural dos Xogos Europeos, un evento multideportivo disputado entre atletas dos Comités Olímpicos Nacionais de Europa. Os xogos dispútanse na cidade de Bacú, Acerbaixán entre os días 12 e 28 de xuño de 2015. Este evento citou a máis de 6.000 atletas dos diferentes Comités Olímpicos Nacionais do continente europeo para competir en 253 eventos de 20 deportes diferentes.
Tipo | Xogos Europeos |
---|---|
Organizador | Comités Olímpicos Europeos |
Número de participantes | 6.076 |
Localización e Datas | |
Localización | Estadio Nacional de Bacú (Bakú) 40°25′47″N 49°55′11″L |
País | Acerbaixán |
Intervalo de tempo | 12 de xuño de 2015 – 28 de xuño de 2015 |
Número de edición | 1 (2015) |
Outro | |
Páxina web oficial | baku2015.com |
A selección da cidade anfitrioa tomouse na 41º Asemblea do EOC en Roma, o 8 de decembro do 2012. A decisión foi resultado dunha votación na que a única candidatura que había era a da cidade acerbaixana. Houberon 48 votos, dos cales 38 foron a favor, 8 en contra e 2 en abstención. Os representantes de Armenia negáronse a tomar parte na votación.
Os xogos terán lugar en tres zonas principais: a da Vila Olímpica, a da Cidade e da Praza da Bandeira.
Arredor duns 6.000 atletas de 50 Comités Olímpicos Nacionais competiron no evento. Esta foi a primeira ocasión na que Kosovo competiu nun evento olímpico. Os deportistas de Xibraltar e das Illas Feroe competiron baixo a bandeira da EAA e da LEN.
Nestes xogos europeos disputáronse 253 competicións correspondentes a 20 deportes. Na seguinte táboa amósanse as datas de cada competición, así como o número de finais que se disputaron cada xornada.
Evento | Ven 12 | Sáb 13 | Dom 14 | Lun 15 | Mar 16 | Mér 17 | Xov 18 | Ven 19 | Sáb 20 | Dom 21 | Lun 22 | Mar 23 | Mér 24 | Xov 25 | Ven 26 | Sáb 27 | Dom 28 | TOT |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Inauguración | ||||||||||||||||||
Atletismo | 2 | 2 | ||||||||||||||||
Bádminton | 2 | 3 | 5 | |||||||||||||||
Baloncesto 3x3 | 2 | 2 | ||||||||||||||||
Boxeo | 5 | 5 | 5 | 15 | ||||||||||||||
Ciclismo | 2 | 2 | 1 | 1 | 2 | 8 | ||||||||||||
Esgrima | 2 | 2 | 2 | 3 | 3 | 12 | ||||||||||||
Fútbol praia | 1 | 1 | ||||||||||||||||
Judo | 5 | 6 | 5 | 2 | 18 | |||||||||||||
Karate | 6 | 6 | 12 | |||||||||||||||
Loita | 2 | 2 | 2 | 2 | 3 | 3 | 24 | |||||||||||
Natación | 7 | 8 | 9 | 7 | 11 | 42 | ||||||||||||
Natación sincronizada | 2 | 2 | 4 | |||||||||||||||
Piragüismo | 5 | 10 | 15 | |||||||||||||||
Saltos de trampolín | 2 | 2 | 2 | 2 | 8 | |||||||||||||
Sambo | 8 | 8 | ||||||||||||||||
Taekwondo | 2 | 2 | 2 | 2 | 8 | |||||||||||||
Tenis de mesa | 2 | 2 | 4 | |||||||||||||||
Tiro | 3 | 3 | 2 | 2 | 3 | 3 | 3 | 19 | ||||||||||
Tiro con arco | 1 | 2 | 1 | 1 | 4 | |||||||||||||
Tríatlon | 1 | 1 | 5 | |||||||||||||||
Voleibol | 1 | 1 | 1 | 1 | 4 | |||||||||||||
Wáter-polo | 1 | 1 | 2 | |||||||||||||||
Ximnasia | 2 | 1 | 2 | 3 | 10 | 16 | 34 | |||||||||||
Clausura | ||||||||||||||||||
Evento | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | TOT |
Véxase o artigo Medalleiro dos Xogos Europeos de 2015.
Posición | País | Ouro | Prata | Bronce | Total |
1 | Rusia | 79 | 40 | 45 | 164 |
2 | Acerbaixán | 21 | 15 | 20 | 56 |
3 | Reino Unido | 18 | 10 | 19 | 47 |
4 | Alemaña | 16 | 17 | 33 | 66 |
5 | Francia | 12 | 13 | 18 | 43 |
6 | Italia | 10 | 26 | 11 | 47 |
7 | Belarús | 10 | 11 | 22 | 43 |
8 | Ucraína | 8 | 14 | 24 | 46 |
9 | Países Baixos | 8 | 12 | 9 | 29 |
10 | España | 8 | 11 | 11 | 30 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.