político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Xoán Manuel Ramos Rodríguez, nado en San Cosme de Antes (Mazaricos) o 13 de decembro de 1958, é un político galego do BNG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de decembro de 1958 (65 anos) Antes, España |
Alcalde de Mazaricos | |
1991 – 1995 ← Manuel Maneiro Grille – José Manuel Santos Maneiro → | |
Actividade | |
Ocupación | político, técnico em eletrônica (pt) |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego Compromiso por Galicia |
Licenciado en Mestría Industrial na rama de electrónica, cursou Enxeñaría de Telecomunicacións[1]. Empregado de Telefónica e membro de Grille Sociedade Cooperativa Galega, da cal foi presidente[2]. Nas eleccións municipais de 1991 encabezou a candidatura do BNG en Mazaricos e foi elixido alcalde, pese a lograr tan só un concelleiro, ó recibi-lo apoio do PPdeG e PSdeG para desbancar o ata entón alcalde Manuel Maneiro Grille, que encabezaba a Converxencia Nacionalista Galega, pasando a conformar un goberno de coalición con populares e socialistas[3]. En xaneiro de 1992 foi presentada unha moción de censura encabezada por un edil popular que contaba co apoio de 4 edís da CNG e outro edil do PPdeG[4], porén o outro edil popular retirou o apoio ó considerarse enganado[5], o cal fixo fracasar a moción[6], polo que puido seguir gobernando cos 2 edís socialistas e 2 do PPdeG que rexeitaran a moción.
Nas municipais de 1995 volveu encabeza-la candidatura do BNG e logrou un notable avance ó pasar de 1 a 5 concelleiros, sendo a segunda forza máis votada, pero perdeu a alcaldía en favor do PPdeG que logrou a maioría absoluta. Volveu encabeza-la candidatura nacionalista en 1999 e 2003, pero non conseguiu recupera-la alcaldía e perdeu forza en favor do PSdeG e o PPdeG, o cal mantivo a alcaldía, se ben continuou a ser a segunda forza política do concello. Nas municipais de 2007 foi o número 2 da candidatura nacionalista, encabezada por Juan José Blanco Riveiro, que logrou mellora-los resultados aínda que os populares mantiveron o goberno. En xaneiro de 2008 renunciou como concelleiro, pasando a centrarse na súa actividade privada na cooperativa de Grille[7]. Dita cooperativa está integrada en Feiraco, pola cal chegou a competir pola súa presidencia.[8] En 2012 pasou a formar parte de Compromiso por Galicia, sendo elixido en xaneiro de 2013 responsable local en Mazaricos[9].
Predecesor: Manuel Maneiro Grille |
Alcalde de Mazaricos 1991 - 1995 |
Sucesor: José Manuel Santos Maneiro |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.