Remove ads
infante de Portugal From Wikipedia, the free encyclopedia
Xoán de Portugal, nado en Santarém o 13 de xaneiro de 1400 e finado en Alcácer do Sal o 18 de outubro de 1442, foi un infante de Portugal da dinastía de Avis.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xaneiro de 1400 Santarém, Portugal |
Morte | 18 de outubro de 1442 (42 anos) Alcácer do Sal, Portugal |
Lugar de sepultura | Mosteiro de Batalha |
Grão-Mestre da Ordem de Santiago da Espada (pt) | |
Datos persoais | |
Residencia | Évora |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Carreira militar | |
Conflito | 2.º Cerco de Ceuta (pt) |
Familia | |
Familia | Dinastía de Avis |
Cónxuxe | Isabel de Barcelos (1424 (Gregoriano)–) |
Fillos | Diogo de Portugal, Isabel de Portugal, Beatriz de Portugal |
Pais | Xoán I de Portugal e Filipa de Lancaster |
Irmáns | Beatriz, Condessa de Arundel Isabel de Portugal, Duquesa de Borgoña Henrique, duque de Viseu Duarte de Portugal Fernando, o Infante Santo Pedro, Duque de Coimbra Afonso I, Duque de Bragança |
Foi fillo do rei Xoán I e da súa muller, a raíña Filipa de Lancaster. Foi condestábel de Portugal, sucedendo a Nuno Álvares Pereira, e aínda señor de Reguengos, Colares e Belas. En 1424, Xoán casou coa sobriña Isabel de Bragança, filla do duque Afonso.
Durante o reinado de Duarte de Portugal, Xoán uniuse ao seu irmán Pedro, duque de Coímbra na contestación á expedición a Tánxer que habería de acabar en desastre. Defendeu tamén a entrega da cidade de Ceuta, conquistada en 1415 a cambio da liberdade do Infante Santo, mesmo contra a vontade do propio.
No inicio do reinado do seu sobriño Afonso V de Portugal, a rexencia do reino foi entregado a Leonor de Aragón, a raíña nai. Esta decisión testamento do falecido rei provocou rexeitamento popular e ameazas de motíns en Lisboa. Foi Xoán que se instalou na capital, para evitar unha rebelión. Despois, rexeitando as ofertas de alianza de Leonor e Afonso, conde de Barcelos (o futuro duque de Bragança), defendeu a realización de cortes para nomear o duque de Coímbra novo rexente.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.