Xendive, Boborás
parroquia civil do concello de Boborás From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Boborás From Wikipedia, the free encyclopedia
San Mamede de Xendive é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Sitúase na confluencia do río de Froufe e o río Viñao. Segundo o INE en 2023 tiña 86 habitantes (41 homes e 45 mulleres), 55 menos que en 2011 e 117 menos que en 2001 cando contaba con 203 veciños[2], polo que veu reducida a súa poboación case un 60% en dúas décadas.
Xendive | |
---|---|
Igrexa de Xendive. | |
Concello | Boborás[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°28′25″N 8°10′14″O |
Poboación | 86 hab. (2023) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
A parroquia está conformada por catro núcleos de poboación: Meixe, Nogueira, Pereiras, Porto Pereiras e Xendive, atopándose neste último a igrexa de San Mamede, a única da parroquia.
Atópase a 8,5 km do Carballiño, vila principal da comarca, e a 30 km da capital provincial. Pola parroquia pasa a estrada N-541 que une as cidades de Ourense e Pontevedra. Xendive está conectada coa parroquia de Parada de Labiote, no concello do Irixo pola OU-0416.
Noroeste: Parada de Labiote e Moreiras | Norte: Parada de Labiote | Nordés: Reádigos |
Oeste: Moreiras | Este: Xurenzás | |
Suroeste: Moreiras | Sur: Brués | Sueste: Brués e Xurenzás |
Xendive sitúase no val do Viñao. Os lugares de Pereiras, Porto Pereiras e Xendive están a unha altitude media de 400 metros xunto ao curso fluvial no centro do val. Meixe e Nogueira atópanse a 450 e 500 metros respectivamente na faldra do monte de Coto Molín.
O principal río é o río Viñao, afluente do río Avia, que discorre de norte a sur deixando as poboacións da parroquia á súa marxe dereita. Tamén pasan polo lugar outros cursos menores que aportan as súas augas ao Viñao, sendo o de maior caudal o regato que ven da parroquia de Froufre, no Irixo, da que recibe o seu nome. Sobre o regato de Froufe sitúase unha ponte de pedra construída a finais século XVIII. [3]
Os primeiros indicios de ocupación humana da zona remóntanse ao 4000 a.C, época na que se datou a necrópole tumularia de Meixe, escavada a principios do século XX. Neste xacemento arqueolóxico, conformado por tres mámoas, atopáronse restos cerámicos, sendo un deles o vaso de bordo horizontal de Xendive que se atopa no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
Nun pergamiño do ano 1249 conservado no arquivo da catedral de Ourense cítase a igrexa de Xendive. O lugar menciónase tamén nunha acta notarial do ano 1484, na que Diego Peres Sarmento cede a favor de Lopo Sanches de Ulloa as freguesías de San Martiño de Cameixa, San Fins de Brués e San Mamede de Xendive.[4] A ponte actual que cruza o regato de Froufe conectando o lugar de Pereiras co resto da parroquia foi construída no ano 1790 substituíndo unha ponte de madeira que cumpría esta función. O mestre canteiro asignado foi Joseph Monteagudo e o custo da obra foi asumido na súa totalidade polo párroco da igrexa. No século XXI a ponte mantense sen maior modificación que a substitución dos peitorís de pedra orixinais por uns metálicos que permiten un maior ancho para facilitar o tráfico.[5][3]
A igrexa parroquial tivo diversas modificacións, a última delas no ano 1819 a mans do mestre de arquitectura José Nieto. [6] Xendive aparece descrita no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz, publicado no ano 1847. A parroquia estaba conformada por 120 casas e contaba cunha escola que operaba un veciño para os máis cativos. O principal motor económico era a agricultura e existían catro muíños, un batán e teares. Na súa obra, Madoz estima a poboación da parroquia en 450 persoas.[7] No 1896 o Diccionario enciclopédico hispano-americano de literatura, ciencias y artes indica que ten 465 habitantes.[8]
Nas últimas décadas Xendive está a sufrir un proceso de despoboación a causa dos baixos nacementos e á migración, maiormente cara ás principais cidades galegas.
Gráfica de evolución demográfica de Xendive, Boborás entre 2000 e 2023 |
Poboación censada (2000-2021) (INE).[9] |
As festas de Xendive teñen lugar o sábado máis próximo ao 7 de agosto en honra da Virxe de San Mamede.
Lugares da parroquia de Xendive no concello ourensán de Boborás | |
---|---|
Meixe | Nogueira | Pereiras | Porto Pereiras | Xendive |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.