From Wikipedia, the free encyclopedia
Un xantoma (/ksantóma/), do grego ξανθος, xanthos, 'amarelo', é unha deposición de material rico en colesterol amarelado que pode aparecer en calquera parte do corpo en varios estados de enfermidade.[2] A condición denomínase xantomatose. Os xantomas son manifestacións cutáneas de lipidose nas cales se acumulan lípidos en grandes células escumosas na pel.[2] Están asociados con hiperlipidemias, tanto de tipo primario coma secundario.
Os xantomas de tendón están asociadas con hiperlipidemia de tipo II, obstrución do tracto biliar crónica e cirrose biliar primaria. Os xantomas palmares e os tuberoeruptivos (sobre os xeonllos e cóbados) aparecen na hiperlipidemia de tipo III.
Un xantelasma é unha acumlación con límites nítidos de cor amarelado de colesterol situada debaixo da pel, xeralmente nas pálpebras ou arredor delas. Estritamente, un xantelasma é unha condición distinta, que só se chama xantoma cando se fai máis grande e nodular, tomando proporcións de tumor.[3] Porén, é a miúdo clasificado simplemente como un subtipo de xantoma.[4]
O xantoma tuberoso caracterízase por presentar xantomas localizados nas articulacións.[2]:530
O xantoma tendinoso[5] caracterízase clinicamente pola aparición de pápulas e nódulos encontrados nos tendóns das mans, pés e talóns.[2]:531 Tamén está asociado coa hipercolesterolemia familiar.[6]
O xantoma eruptivo (ILDS E78.220) caracterízase clinicamente por pequenas pápulas de amarelas-laranxa a marróns avermelladas que aparecen por todo o corpo.[2]:531 Tende a estar asociado cun nivel elevado de triglicéridos [7]
O xantoma plano (ILDS D76.370) caracterízase clinicacmente por ter máculas e placas espalladas difusamente en grandes áreas do corpo.[2]:531
O xantoma palmar caracterízase clinicamente pola aparición de pequenas placas amareladas que afectan ás palmas e superficies de flexión dos dedos.[2]:531 Caracterízase por máculas amareladas ou alaranxadas ou planas ou placas lixeiramente elevadas, a miúdo cunha área central branca que poden estar localizadas ou ser xeneralizadas. A miúdo orixínanse nos pregamentos da pel, especialmente nas raias das palmas das mans. Aparecen na hiperlipoproteinemia de tipo III e de tipo IIA, e en asociación coa cirrose biliar. A presenza de xantomas palmares ou a presenza de xantomas tendinosos, son indicadores de hipercolesterolemia.
O xantoma tuberoeruptivo (ILDS E78.210) caracterízase clinicamente pola aparición de pápulas e nódulos que aparecen inflamadas e tenden a coalescer.[2]:532 Os xantomas tuberosos son considerados similares, e dentro do mesmo espectro de enfermidades como o xantoma eruptivo.[5]
Outros tipos de xantomas identificados en dicionarios médicos son:[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.