Wurrumiyanga, anteriormente coñecida como Nguiu, é unha vila e comunidade tiwi que se atopa na costa do sur da illa Bathurst, no Territorio do Norte de Australia. A súa poboación era de 1 563 habitantes segundo o censo australiano de 2016.[1]

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Modelo:Xeografía políticaWurrumiyanga

Localización
Thumb
 11°45′33″S 130°38′05″L
EstadoAustralia
Mainland territory of Australia (en) TraducirTerritorio do Norte Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación1.563 (2016) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Comparte fronteira con

Pechar

Historia

Nguiu foi fundada en 1911 como misión católica por Francis Xavier Gsell.[2] A oficina de correos de Nguiu abriu o 3 de xuño de 1974, sendo a primeira da illa Bathurst.[3] En 2010 Nguiu foi renomeada como Wurrumiyanga polo Consello da Terra Tiwi. Significa o lugar onde medran as cícadas.[4]

Demografía

En Wurrumiyanga, segundo o Censo de 2016 de Australia, o 90,2% da poboación era de orixe aborixe australiana e o 78,3% falaba a lingua tiwi.[1]

Educación

Hai dúas escolas católicas na vila, a Escola de Primaria Católica Murrupurtiyanuwu e a Escola Católica Xavier (de 7 a 13 anos).[5]

Cultura

Wurrumiyanga é o fogar de Tiwi Designs,[6] unha sociedade artística (que inclúe máis de 100 artistas indíxenas) que produce roupa, esculturas, cerámica e pinturas cuxo obxectivo é o de promocionar, preservar e enriquecer a cultura tiwi.[7]

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.