Wolfgang von Trips

From Wikipedia, the free encyclopedia

Wolfgang von Trips

Wolfgang Alexander Albert Eduard Maximilian Reichsgraf[1] Berghe von Trips, nado en Colonia o 4 de maio de 1928 e finado en Monza o 10 de setembro de 1961, foi un piloto alemán de Fórmula 1. Era fillo dunha nobre familia renana[2].

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Wolfgang von Trips
Thumb
(1957)
Biografía
Nacemento4 de maio de 1928
Colonia, Alemaña
Morte10 de setembro de 1961 (33 anos)
Circuíto de Monza, Italia
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un
Deporteautomobilismo
Participou en
24 Horas de Le Mans
Outro
Títulosen valor
Premios

Pechar

Traxectoria

Participou en 29 Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula 1, debutou o 2 de setembro de 1956. Gañou dúas carreiras, fixo unha pole position, logrou seis podios, e anotou un total de 56 puntos no campionato.

O Gran Premio de Italia de 1961 o 10 de setembro podería ser a culminación da carreira de Von Trips, un terceiro posto sería suficiente para asegurar o Campionato Mundial de Pilotos ese ano. No Gran Premio de Italia en Monza, o seu Ferrari chocou coLotus de Jim Clark. O seu coche voou polo aire e estrelouse contra unha barreira lateral, lanzou fatalmente a von Trips do coche, e matou a quince espectadores.[3]

Clark describiu o accidente, dicindo:

"Von Trips e eu corriamos ao longo da recta e achegabámonos a unha das curvas peraltadas, a que está no extremo sur. Estabamos a uns 100 metros do inicio da curva. Von Trips corría cerca do interior da pista. Seguíao de cerca. Nun momento dado Von Trips desprazouse cara a un lado e as miñas rodas dianteiras chocaron coas súas rodas traseiras. Foi o momento fatal. O coche de Von Trips trompeou dúas veces e entrou no gardarail ao longo do interior da pista. Logo recuperouse, golpeou o meu propio coche e rebotou contra a multitude."

Von Trips estaba en camiño de converterse no primeiro alemán en gañar o Campionato Mundial de Fórmula 1. En 1961 von Trips montou unha pista de carreiras de karts en Kerpen, Alemaña. A pista foi logo arrendada a Rolf Schumacher, cuxos fillos, Michael e Ralf, deron as súas primeiras voltas alí. Coincidentemente, a vitoria de Michael no Gran Premio de Bélxica de 1992 sería o primeiro Gran Premio gañado por un alemán desde a última vitoria en Aintree de von Trips en 1961.

Que Wolfgang von Trips non se libraría do seu destino, é unha lenda urbana, o avión no que logo tiña previsto viaxar aos Estados Unidos estrelouse en Escocia.[4] Con todo, parecía estar gafado no Autodromo Nazionale de Monza, onde se estrelou no Gran Premio de Italia de 1956 e no Gran Premio de Italia de 1958, e resultou ferido en ambos eventos.

Resultado completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Máis información Ano, Equipo ...
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 10 11 Pos Puntos
1956 Scuderia Ferrari Lancia-Ferrari D50 Ferrari V8 ARX
MON
500
BEL
FRA
RU
ALE
ITA
NTS
NC 0
1957 Scuderia Ferrari Lancia-Ferrari D50A Ferrari V8 ARX
6 *
14º 4
Ferrari 801 MON
Ret †
500
FRA
RU
ALE
PES
ITA
3
1958 Scuderia Ferrari Ferrari Dino 246 Ferrari V6 ARX
MON
Ret
NED
500
BEL
FRA
3
RU
Ret
ALE
4
POR
5
ITA
Ret
MAR
11º 9
1959 Dr Ing hcf Porsche KG Porsche 718 F2 Porsche Flat-4 MON
Ret
500
NED
FRA
RU
ALE
NTS
POR
ITA
NC 0
Scuderia Ferrari Ferrari Dino 246 Ferrari V6 USA
6
1960 Scuderia Ferrari Ferrari Dino 246 Ferrari V6 ARX
5
MON
8
500
NED
5
BEL
Ret
FRA
11
RU
6
POR
4
10
Ferrari
Dino 246P F2
ITA
5
Scuderia Centro Sud Cooper T51 Maserati
4 en liña
USA
9
1961 Scuderia Ferrari Ferrari 156 Ferrari V6 MON
4
NED
1
BEL
2
FRA
Ret
RU
1
ALE
2
ITA
Ret
USA
33
Pechar
* Indican unidade compartida con Cesare Perdisa e Peter Collins
Indican unidade compartida con Mike Hawthorn

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.