From Wikipedia, the free encyclopedia
Sir Walter Elliot, nado o 16 de xaneiro de 1803 en Edimburgo, e finado o 1 de marzo de 1887 en Wolfelee, condado de Roxburghshire (Escocia), foi un funcionario colonial británico na India, que traballou principalmente en Madrás.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xaneiro de 1803 Edimburgo, Reino Unido |
Morte | 1 de marzo de 1887 (84 anos) |
Actividade | |
Ocupación | naturalista, botánico |
Membro de | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Elliot |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography |
Tamén foi un eminente orientalista, lingüista, naturalista, etnólogo e numismático.
Elliot naceu en 1803 en Edimburgo e fixo os seus primeiros estudos cun titor privado e, máis tarde, foi a unha escola cerca de Doncaster. Despois entrou na universidade de Haileybury, cunha recomendación da súa tía, a viúva de John Elphinstone, XII Lord Elphinstone.[1] Graduouse con "gran distinción" e entrou a traballar como funcionario civil na Compañía Británica das Indias Orientais, chegando a Madrás o 14 de xuño de 1820.[1][2][3]
Mentres estivo na India, Elliot redactou un diario con notas sobre unha ampla gama de temas. Tamén escribiu para as revistas das sociedades académicas. En 1859 publicou Flora Andhrica or plants of the Northern Circars, no que incluíu os nomes das plantas en inglés e telugú. En 1840 escribiu sobre 'cromlechs and cairns' nos outeiros de Nilgiri. En 1845 escavou e recolleu os "Mármores de Amaravati", que naquel tempo se chamaron os "mármores de Elliot" e se exhibían en Madrás. Estes mármores foron finalmente trasladados ao Museo Británico.[4]
Elliot estudou antigas inscricións, crenzas e culturas.[5] Foi un gran numismático e coleccionista de moedas; a súa principal obra sobre as moedas da India meridional publicouse en 1885, cando xa non podía ver, e tiña que tocar as moedas para describilas.[1][2]
Walter Elliot tivo un grande interese pola zooloxía da India, e pasou moito tempo estudándoa ao aire libre nos seus primeiros anos naquel país.[6] Mantivo correspondencia con Charles Darwin e á súa solicitude envioulle peles de diversas aves domésticas da India e Birmania en 1856. Tamén colaborou con naturalistas na India como Thomas C. Jerdon.[7]
Recolectou espécimes de moluscos, baleas e golfiños varados nas praias e unha ampla gama doutras especies que foron examinadas por expertos en Inglaterra, como Richard Owen.[8][9]
Catalogou os mamíferos do sur da India en Madras Journal of Literature and Science e describiu varias especies novas de mamíferos pequemos incluíndo a rata Golunda ellioti e a tupaia de Elliot ou esquío bambú, Anathana ellioti que despois lle foron dedicadas.
A casa de Elliot en Randals Road, Vepery, Madrás, foi un punto focal para os estudosos da rexión. Animou a moitos outros investigadores orientais, incluíndo a Ferdinand Kittel e Robert Caldwell.[10]
Elliot volveu a Escocia en 1860, establecéndos en Wolfelee, condado de Roxburghshire. Alí continuou as súas investigacións. En 1866 foi nomeado Cabaleiro da orde da Estrela da India. En 1874 mandou un obituario de Thomas C. Jerdon á revista Nature, pero non foi publicado 'por falta de espazo'. Apareceu finalmente nunha revista do seu condado.[11] En 1878 foi elixido membro da Royal Society. E en 1879 foi distinguido como Legum Doctor (LL. D., Doutor en Leis) da Universidade de Edimburgo.[3] No seu condado, continuou servindo como tenente de comisionado e maxistrado.[12]
O seu fogar escocés converteuse nun auténtico museo. Elliot permaneceu activo até o día da súa morte. O 1 de marzo de 1887 ditou e asinou unha carta para George Pope, expresando o seu entusiasmo por unha nova edición da tradución de Pope do támil Tirukkuṛaḷ. Faleceu nesa mesma noite.[2]
Elliot foi autor de:[13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.