From Wikipedia, the free encyclopedia
Walter Brandmüller, nado o 5 de xaneiro de 1929 en Ansbach (Alemaña), é un cardeal da Igrexa Católica, Presidente emérito da Comisión Pontificia para as Ciencias Históricas.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de xaneiro de 1929 (95 anos) Ansbach, Alemaña |
Cardeal presbítero | |
3 de maio de 2021 – | |
Cardeal | |
20 de novembro de 2010 – | |
Arcebispo católico | |
13 de novembro de 2010 – | |
Arcebispo titular | |
4 de novembro de 2010 – 20 de novembro de 2010 ← Stanislaus Tobias Magombo (en) – Marek Solczyński (pt) → Diocese: Caesarea in Mauretania (en) | |
Presidente Pontifício Comitê das Ciências Históricas (pt) | |
13 de xuño de 1998 – 3 de decembro de 2009 ← Michele Maccarrone (pt) – Bernard Ardura (pt) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Múnic |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (2010–), sacerdote católico (1953–), teólogo, historiador da igrexa, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Augsburgo (pt) |
Consagración | Raffaele Farina |
Premios | |
Walter Brandmüller naceu o 5 de xaneiro de 1929 en Ansbach, unha pequena cidade de Franconia (hoxe na Franconia Central, Baviera). Estudou Filosofía e Teoloxía na Escola Superior Filosófica e Teolóxica de Bamberg, e o 26 de xullo de 1953 foi ordenado sacerdote da arquidiocese de Bamberg polo arcebispo Joseph Otto Kolb. Entre 1953 e 1957 levou a cabo a súa actividade pastoral na igrexa de San Xoán, en Kronach, e posteriormente até 1960 na de San Martiño de Bamberg.
Doutorouse en Teoloxía en 1963 pola Universidade de Múnic. Entre 1969 e 1971 foi profesor de Historia eclesiástica e Patroloxía na Escola Superior Filosófica e Teolóxica de Dillingen, e entre 1971 e 1997 compaxinou o labor de párroco en Walleshausen e a de profesor de Historia eclesiástica moderna e medieval na Universidade de Augsburgo. Na súa traxectoria académica, destaca como especialista na historia dos concilios, e é fundador e editor da revista Annuarium conciliorum historiae (dende 1969 até a actualidade) e da serie Konziliengeschichte (dende 1979), e publicou tamén os tres volumes de Handbuch der bayerischen Kirchengeschichte (Manual da historia da Igrexa bávara).
En 1981 foi nomeado membro da Comisión Pontificia para as Ciencias Históricas, e o 4 de xuño de 1998 foi nomeado presidente da devantida comisión, cargo no que permaneceu até o seu retiro o 3 de decembro de 2009. Tamén dende 1997 é coéngo do capítulo da Basílica de San Pedro.
O papa Bieito XVI quíxoo crear cardeal, polo que o 4 de novembro de 2010 nomeouno arcebispo titular de Caesarea in Mauretania. Recibiu a consagración episcopal o 13 de novembro, de mans do cardeal Raffaele Farina. No consistorio do 20 de novembro de 2010, o papa creouno cardeal, co título de Cardeal-Diácono de San Giuliano dei Fiamminghi.
O 17 de xullo de 1983 foi nomeado Prelado de Honra da Súa Santidade. O 22 de xullo de 1990 foi condecorado coa Orde ao Mérito da República Federal de Alemaña polo presidente Richard von Weizsäcker.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Victor Saxer |
Presidente da Comisión Pontificia para as Ciencias Históricas 1998 - 2009 |
Sucesor: Bernard Ardura |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.