Remove ads
parroquia civil do concello de Trasmiras From Wikipedia, the free encyclopedia
Vilaseca é unha parroquia do concello de Trasmiras na provincia de Ourense. No ano 2022 tiña 146 habitantes, dos cales 70 eran homes e 76 mulleres.[2]
Vilaseca | |
---|---|
Igrexa parroquial. | |
Concello | Trasmiras[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°03′24″N 7°36′28″O |
Poboación | 146 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 1[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de San Román está construída en granito de perpiaño e rematada no ano 1716, segundo unha inscrición no lateral esquerdo. Accédese por unha pequena escalinata que leva ao camposanto e á fachada. Ten un pequeno rosetón e espadana con dúas campás. Ten planta en forma de L, composta dunha nave central e un lateral esquerdo, prolongación do templo e onde se atopa a sancristía.
Dentro da igrexa hai dous altares cos respectivos retablos posteriores á construción da igrexa, xa que os primeiros pereceron nun incendio. O retablo maior é de madeira policromada composto por un piso e tres corpos. Na parte central superior está a imaxe da Virxe Inmaculada. A ámbolos lados atópanse as tallas barrocas de madeira onde se representan a San Brais e a figura do Sagrado Corazón co manto de cor púrpura e a man dereita tocando o corazón. Hai unha influencia do estilo rococó que se aprecia na acumulación dos elementos decorativos barrocos como son as liñas e formas onduladas dos laterais de cores vivas (azul celeste, ocre e alaranxado). Antes do arco de ferradura atópanse dou retablos laterais tamén de arte barroca. Nun deles a figura de Santo Antonio de Padua tallada en madeira e no outro a Virxe das Candelas, tamén patroa da vila e cuxa festa se celebra o 2 de febreiro.
A igrexa é anexo da freguesía de Santa María de Escornabois, da que son señores os condes de Monterrei. Deste anexo non percibían máis que un beneficio honorífico xa que a maioría da poboación era de orixe humilde, pero tributaba ao párroco que percibía arredor do 74% dos décimos e primicias que se recollían no século XVIII. A miúdo era unha suma insuficiente para o seu mantemento e vivenda.
Gráfica de evolución demográfica de Vilaseca entre 2000 e 2020 |
Datos segundo o IGE.[2] |
Lugares da parroquia de Vilaseca no concello de Trasmiras (Ourense) | |
---|---|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.