Remove ads
parroquia civil do concello de Trasmiras From Wikipedia, the free encyclopedia
San Martiño de Abavides é unha parroquia do concello ourensán de Trasmiras na comarca da Limia. No ano 2022 tiña 164 habitantes, dos cales 77 eran homes e 87 mulleres.[2]
Abavides | |
---|---|
Igrexa de San Martiño de Abavides | |
Concello | Trasmiras[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°02′00″N 7°38′00″O |
Área | 6,36 km² |
Poboación | 164 hab. (2022) |
Densidade | 25,79 hab./km² |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Atópase a 640 m sobre o nivel do mar. Está atravesada pola estrada N-525.
A zona un clima fundamentalmente continental, caracterizado polas escasas choivas (uns 700 mm anuais), un forte contraste de temperaturas, moi baixas no inverno e altas no verán, e frecuentes xeadas.
A comarca da Limia estaba poboada pola tribo dos límicos antes da romanización de Galicia. Nesta época o territorio do que é o actual Trasmiras estaba baixo a influencia do Forum Limicorum.
Na idade Media a parroquia de Abavides pertencía ó señorío do Conde de Lemos, quedando o resto do territorio baixo o señorío do Conde de Monterrei.
A igrexa parroquial conserva algúns restos do románico, pero a maior parte da construción é de feitura barroca, trala reforma levada a cabo entre 1688 e 1728. As pedras da construción medieval foron aproveitadas no muro do camposanto. No seu interior destaca o retablo maior, feito en 1773 por Gregorio Álvarez de Araujo e restaurado no 2004.
Gráfica de evolución demográfica de Abavides entre 2000 e 2020 |
Datos segundo o IGE.[2] |
As festas celébranse a primeira fin de semana de setembro.
Lugares da parroquia de Abavides no concello de Trasmiras (Ourense) | |
---|---|
Abavides | O Banco | Cacabelo | Cruces | A Madorra | O Seixo | A Trapa |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.