Vetusta Morla é unha banda de indie orixinaria de Tres Cantos, Madrid (España), que canta en castelán. Tras nove anos de andaina musical, en febreiro de 2008 publicaron o seu primeiro longo, Un día no mundo, que recibiu unha grande acollida tanto por parte do público como pola crítica especializada.
Vetusta Morla | |
---|---|
O grupo Vetusta Morla, nunha das súas actuacións. | |
Orixe | Tres Cantos, Madrid, España |
Período | 1998–presente |
Xénero(s) | pop rock, indie |
Selo(s) discográfico(s) | Pequeño salto mortal |
Membros | Pucho David o Indio Álvaro Baglietto Jorge González Guillermo Galván Juan Manuel Latorre |
Na rede | |
myspace.com/vetustamorla | |
Historia
Vetusta Morla naceu a finais dos anos 90, concretamente no verán de 1998. Todo comezou no ximnasio do instituto José Luís Sampedro, da localidade madrileña de Tres Cantos.
Os primeiros compoñentes de Vetusta Morla foron Pucho (voz), David García "O Indio" (batería), Jorge González (percusión), Alejandro Notario (baixo) e Guillermo Galván (guitarra). Máis tarde, a finais de 1998, Juan Manuel Latorre incorpórase ao grupo como guitarra e teclado, completando o sexteto. O grupo toma o seu nome da vella tartaruga da novela de Michael Ende A historia interminable, Morla, que optou por crerse o xusto para non converterse en nada.
A gravación da súa primeira maqueta, 13 horas con Lucy, tivo lugar en xaneiro de 2000. Tras gañar en marzo do mesmo ano, o segundo premio do Concurso Musical de Hortaleza, e o primeiro premio do Concurso Estatal de Pop-Rock de Rivas Vaciamadrid, uns meses máis tarde, xorde a oportunidade de gravar unha segunda demo, que tomaría o nome da banda, en xaneiro de 2001
Tras chegar á final do Concurso de Rock de Moratalaz en 2001, o grupo coñeceu ao produtor David Hyam. Con el comezaron a perfilar un novo traballo, A cuadratura do círculo.
Ao finalizar a gravación do terceira demo, Alejandro Notario abandona o grupo. Ao pouco tempo Álvaro B. Baglietto pasa a ser o novo baixista.
En 2004 actuaron en Los conciertos de Radio 3 de RTVE. Tamén participaron no Festival Internacional Anti-Crise (Beirut), ao que foron convidados como representación española. Tratábase dun evento que reunía a varios artistas de distintas nacionalidades. Alí tiveron a ocasión non só de tocaren con todos os invitados, senón tamén de conviviren durante uns días, todos xuntos nunha casa otomá convertida en residencia de artistas e centro cultural chamada Zico House.
En xaneiro de 2005, publicaron Mira, un EP autoeditado de 7 temas.
Durante todo este tempo, Vetusta Morla non deixou de tocar por salas de toda España, prestando especial atención ao circuíto madrileño (O Sol, Café A Palma, Galileo Galilei, Caracol, Macumba, Clamores, Heineken, A Boca do Lobo, Ritmo & Compás, Chesterfield Café, Joy Eslava...)
En febreiro de 2008, editaron o seu primeiro longo, Un día en el mundo, que foi cualificado como "o mellor primeiro disco dun grupo na historia do rock español" pola prensa especializada.
O 18 de febreiro dese mesmo ano, volven actuar n'Os concertos de Radio 3, esta vez presentando o seu primeiro LP.
No ano 2009 participaron na XVIII edición do Festival do Norte.
Membros
- Pucho (voz)
- David "o Indio" (batería e coros)
- Álvaro B. Baglietto (baixo)
- Jorge González (percusións e programacións)
- Guillermo Galván (guitarras e coros)
- Juan Manuel Latorre (guitarras e teclados)
Os compoñentes de Vetusta Morla colaboran, ademais, en diferentes proxectos musicais.
David "o Indio" forma parte entre outros de SpeakLOW, Quartetoscopio, e colabora en multitude de proxectos, incluído Depedro, a nova aventura de Jairo Zavala. Tocou con artistas de flamenco, con Amparanoia, e con Muchachito Bombo Inferno.
Jorge é membro dunha banda de fusión chamada CaLoCanDo. E Juanma, dunha de funk/hip-hop chamada Funkin Donuts.
Discografía
- 13 horas con Lucy (demo, 2000)
- Vetusta Morla (demo, 2001)
- La cuadratura del círculo (demo, 2003)
- Mira (EP, 2005)
- Un día en el mundo (álbum, 2008)
- Mapas (álbum, 2011)
- La deriva (álbum 2014)
Mira
Mira pode considerarse a primeira gravación "profesional" de Vetusta Morla. Producido polo grupo e Angel Luján, inclúe seis temas, máis un bonus track, entre os que se atopan gravacións do primeiro directo que a banda ofreceu n'Os concertos de Radio 3.
A imaxe da portada sorprendeu á banda na súa escala a Beirut, no Godot Art Gallery de Praga. O artwork de Mira correu a cargo do propio Pucho.
- Listaxe de temas
- Ano novo.
- Valente.
- A gravidade.
- Taxi.
- A marea.
- Ao respirar.
- Iglús sen primavera (bonus track).
Un día no mundo
O primeiro longo de Vetusta Morla comezou a desenvolverse en Alameda de Cervera (Cidade Real), no taller de "Creacción" do artista Alfredo Martínez. Nunha das salas dunha antiga adega graváronse as baterías, os baixos, e parte das percusións. O resto da gravación terminouse nos estudios Sonobox de Madrid, xunto aos seus socios e produtores Javibu Carretero e Manuel Colmenero.
Tras non recibiren o apoio que buscaban por parte das discográficas, Vetusta Morla crea o selo Pequeno salto mortal, co que, por fin, publican o seu primeiro disco en febreiro de 2008.
No álbum inclúense temas de distintas épocas da banda, algúns dos cales foron revisados e mesmo cambiaron de nome.
Un día no mundo é tamén o título do tema que foi elixido como carta de presentación do disco. O videoclip do mesmo foi realizado por Álvaro León (keloide), e conseguiu ser nomeado no Festival de Cinema de Málaga e o Festival de Curtos de Medina del Campo (2008).
A fotografía da portada do álbum, realizada por David Martín Page, mostra un neno que salta entre dous bancos nun peirao xunto ao mar. Está realizada na praia da Nova Icària de Barcelona (España). Os membros da banda explican a relación entre esta imaxe e a propia banda nunha entrevista:
O ceo e o mar son inmensos, inabarcables. Pero o neno non parece darse conta, está concentrado na súa pequena aventura do día, saltar dun banco a outro. Para outros será algo nimio, pero para el é a súa grande audacia, a odisea desa xornada. En parte, editando este álbum, sentimos dun modo similar a ese neno. Non volverá ser o mesmo despois dese salto, pero non é tampouco un cambio radical, é un pequeno paso adiante, un capítulo máis dentro dunha historia maior, unha etapa que se desenvolveu de forma natural dentro dunha evolución longa.
A edición especial, que tivo unha tirada de 2.080 copias, componse do CD, o DVD "A canción número 13" realizado por Guillermo Galván (guitarrista da banda), que mostra o proceso de gravación do disco, as letras en transparencias individuais, e unha peza dun quebracabezas. En total, hai 13 quebracabezas (tantos como cancións), e cada un consta de 160 pezas, que compoñen a imaxe da portada do disco. Segundo palabras do grupo,
Todas as pezas xuntas compoñen o gran quebracabezas de Vetusta Morla, o que significa que ti tamén formas parte del, parte de nós e parte das cancións. Temos a aspiración de facer unha música que presente ocos, espazos en branco que cada un ha de completar co que sentides ou pensades. Iso significa que as cancións crecerán coa vosa enerxía e o seu significado ampliarase co que vós achegades. Significa que tamén vos pertencen e que participastes na creación de algo maior e máis fermoso. As pezas que posuídes son a manifestación física disto.
Cada unha das copias foi empaquetada de maneira artesanal polos propios membros do grupo. O deseño foi realizado, unha vez máis, por Pucho.
Nos seus dúas primeiras semanas á venda, o disco entrou na lista oficial de vendas elaborada por Promusicae, chegando case a esgotar os 2.000 exemplares.
A presentación oficial do disco tivo o seu momento álxido o 19 de abril de 2008 na Sala Joy Eslava. Co cartel de Entradas Esgotadas colgado semanas antes do show, e un público totalmente entregado, a banda ofreceu, ante 1.500 persoas, o que, posiblemente, sexa o seu mellor concerto até a data.
A escenografía correu a cargo, unha vez máis, de Álvaro León e o equipo de keloide, que conseguiron recrear dunha maneira moi especial a atmosfera do videoclip de Un día en el mundo.
- Listaxe de temas
- Autocrítica.
- Sálvese quien pueda.
- Un día en el mundo.
- Copenhague.
- Valiente.
- La marea.
- Pequeño desastre animal.
- La cuadratura del círculo.
- Año nuevo.
- Rey sol.
- Saharabbey road.
- Al respirar.
* Segundo disco
O segundo disco do grupo chámase "Mapas" e dentro deste traballo atópanse as cancións de:
- Los días raros
- Lo que te hace grande
- En el río
- Baldosas amarillas
- Boca en la tierra
- El hombre del saco
- Maldita dulzura
- Cenas lejanas
- Mapas
- Canción de vuelta
- Escudo humano
- Mi suerte
Mapas, é o título do novo álbum de vetusta morla. Trátase do segundo LP da banda traño seu debut, Un Día en el Mundo. Mapas foi composto e gravado despois dunha intensa xira que se desenvolveu tanto en territorio nacional como en México e a Arxentina e, trala cal, vetusta morla decidiu pecharse silenciosamente na busca de novos mecanismos creativos.
Durante un ano estiveron producindo a materia prima da que xorden as 12 cancións que conforman Mapas, realizando simulacros con novas texturas e instrumentacións. O propio proceso de composición e investigación sónica desembocou nun método de gravación destinado a recrear no estudo eses momentos de comunicación colectiva que se dan sobre os escenarios e que constitúen o núcleo da música. En Mapas se escoitan as vibracións en tempo real, gravadas primeiro en soporte analóxico nos estudios Garate de Andoain (Guipúscoa) e despois, aproveitando as vantaxes da edición dixital, nos estudos Sonobox (Madrid). Todo iso en compaña de Manuel Colmenero e Javitu Carretero,que xa foran os encargados de producir Un Día en el Mundo.
Mapas constitúe unha baixada á terra, á realidade e ao presente.Mentres o primeiro álbum asentábase en movementos e hipótese, na contemplación do pasado ou en soñar un futuro, nesta ocasión fálase de obxectos, de consecuencias, de liñas temporais que se conxelan para debuxar mapas do que somos.
Continúan publicando no seu propio selo, Pequeño Salto Mortal, persistindo nun modelo que constituíu unha inspiradora anomalía no sistema. Tralo lanzamento de Mapas, vetusta morla, embárcase de novo nunha xira, iniciando outra vez ese proceso no que as cancións deixan de ser propiedade exclusiva dos seus creadores e empezan a ensancharse, a buscar significados adxacentes, a afastarse en emocións alleas.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Web oficial (en castelán)
- Vetusta Morla en MySpace
- Vetusta Morla en Youtube
- Vetusta Morla en Facebook
- Vetusta Morla en Last.fm
- Vetusta Morla en Lafonoteca
- Recompilación de maquetas, discografía oficial e bootlegs, por danibilbo Arquivado 19 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
¡
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.