From Wikipedia, the free encyclopedia
O Varanus giganteus (xeralmente denominado varano xigante) é o maior lagarto monitor nativo de Australia. É un dos grandes lagartos vivos existentes hoxe na Terra, só superado polo Varanus komodoensis, que é o varano (ou dragón) de Komodo[3], da illa de Komodo (Indonesia), o Varanus salvator da India e sueste asiático e o Varanus salvadorii de Nova Guinea, e similar en tamaño ao Varanus niloticus de África.[4] Atópase ao oeste da Gran Cordilleira Divisoria nas terras áridas de Australia, pero raramente se deixa ver porque é moi tímido e a zona onde habita é moi remota e deserta. Segundo a IUCN o status actual da especie é pouco preocupante.
Varanus giganteus | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Distribución do varano xigante | |||||||||||||||||
Sinonimia[2] | |||||||||||||||||
Hydrosaurus giganteus, Gray |
É importante en moitas culturas aborixes como é evidente nas súas relacións totémicas, e é o lagarto ancestral Ngiṉṯaka do tempo dos soños da espiritualidade aborixe. É un dos alimentos favoritos das tribos aborixes do deserto, e a súa graxa utilízase con propósitos medicinais e cerimoniais.
O zoólogo británico John Edward Gray describiu este varano xigante en 1845 co nome Hydrosaurus giganteus, chamándolle "lagarto de auga xigante".[5] George Albert Boulenger cambiouno ao xénero Varanus.[6]
Dentro do xénero de lagartos monitores Varanus, está situado no subxénero Varanus. Os seus parentes máis próximos pertencen a unha liñaxe da que xurdiron o Varanus gouldii e o Varanus panoptes.
Pode medrar ata os 2,5 m de longo, aínda que a lonxitude típica é de arredor de 1,7 a 2,0 m e pesa ata 15 kg, e o seu peso máximo rexistrado foi de 20 kg, rivalizando co Varanus albigularis polo título do quinto lagarto máis grande. Porén, os V. giganteus son lagartos relativamente delgados e menos voluminosos que o dragón de Komodo ou o V. salvator. O V. niloticus pode tamén competir con el en tamaño, chegando en casos excepcionais aos 2,4 m de lonxitude.[4]
En 2005 investigadores da Universidade de Melbourne descubriron que todos os lagartos monitores poden ser algo velenosos. Previamente, pensábase que as trabadas inflixidas por eles era fácil que se infectasen polas moitas bacterias que tiñan na boca, pero acabou por descubrirse que os efectos inmediatos eran causados por un envelenamento leve. As trabadas nunha man de V. komodensis, V. gigantgeus, V. varius e V. scalaris) inchan en cuestión de minutos, causan a alteración da coagulación do sangue e dor ata o cóbado, que ás veces pode durar varias horas.[7]
O biólogo da Universidade de Washington Kenneth V. Kardong e os toxicólogos Scott A. Weinstein e Tamara L. Smith argumentaron que a idea de que podían ter glándulas de veleno "... tivo o efecto de subestimar os papeis variados e complexos exercidos polas secrecións orais na bioloxía dos réptiles, produciu unha consideración moi escasa das secrecións orais e tivo como resultado unha mala interpretación da evolución reptiliana". Segundo eles "... as secrecións orais reptilianas contribúen a moitas funcións biolóxicas distintas da de acabar rapidamente coa presa". Concluíron que "chamarlle a todos os deste caldo velenosos implica un posible perigo global que non existe, confunde na avaliación dos riscos médicos e confunde a estimación biolóxica dos sistemas bioquímicos dos squamata".[8]
Os V. giganteus viven en áreas desérticas moi áridas de Australia Occidental, sur de Australia, Territorio do Norte e Queensland. O seu hábitat consiste en afloramentos rochosos e gargantas, cun solo duro e comprimido e pedras soltas.
Xeralmente evita o contacto humano e a miúdo retírase antes de ser visto. Como pode escavar, pode facer unha toqueira para refuxiarse en só uns poucos minutos. Coas súas longas garras pode gabear facilmente ás árbores. A miúdo ponse de pé sobre as patas traseiras e cola para ter unha mellor visión do terreo que o rodea. Este comportamento, coñecido como "facer o trípode", é bastante común nos lagartos monitor. Os V. giganteus son rápidos corredores e poden correr usando as catro patas ou só as patas de atrás.
Como é típico da maioría dos lagartos monitor, os V. giganteus quedan paralizados (deitándose planos no chan e permanecendo moi quedos ata que pasou o perigo) ou corren se son detectados. Se o molestan, este poderoso carnívoro ponse de pé e usa o seu arsenal de garras, dentes e latigazos do rabo para defenderse. Pode inflar a gorxa e asubiar como exhibición defensiva ou agesiva, e pode golpear os seus opoñentes co seu rabo muscular. Tamén pode arremeter coa boca aberta, como un ataque de farol ou como un verdadeiro ataque. A mordedela dun V. giganteus pode facer moito dano, non só polos dentes, senón tamén polas súas secrecións orais.
Son superdepredadores que non teñen predadores naturais no seu hábitat.[9] Son carnívoros moi activos que se alimentan principalmente de réptiles, pequenos mamíferos e menos comunmente de aves como os pombos Geopelia cuneata.[10] Cazan presas vivas, mais tamén poden comer carniza. Entre as súas presas reptilianas inclúe principalmente lagartos (como escíncidos e agámidos) e máis raramente serpes, pero esta especie tamén é un notable exemplo de predación intragremial, xa que come un número pouco frecuente doutras especies de lagartos monitores como Varanus acanthurus, Varanus tristis, Varanus gouldii e mesmo Varanus panoptes.[11][12][13] Tamén comen os membros máis pequenos da súa propia especie; polo que un exemplar de 2 m pode comer a outro de 1,5 m.[14] Outros lagartos que son as súas presas son os Pogona vitticeps e Gowidon longirostris. Os individuos das costas e illas adoitan comer un gran número de ovos e crías de tartarugas mariñas, e observouse que se agochan tras vehículos para emboscar gaivotas. Entre as súas presas mamíferas están os morcegos, canguros novos e outros pequenos marsupiais e roedores. Nalgunhas ocasións víronse buscando comida en augas pouco profundas. Poden matar canguros e desmembrar os que son demasiado grandes para ser tragados enteiros usando as súas poderosas extremidades anteriores e garras.[15] Aínda que os adultos se alimentan predominantemente de vertebrados, os V. gigangeus novos comen principalmente artrópdos, especialmente saltóns e cempés.[16][14][17]
Normalmente traga as presas enteiras, pero se a comida é moi grande, arrinca cachos para tragalos.[18]
Pode poñer os ovos en montículos de térmites ou no solo.[18]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.